O Parlamento aproba a iniciativa de En Marea para solicitar ao Estado dotación orzamentaria para proceder ao nomeamento de xuíces substitutos para o que queda de ano

Estás aquí: Inicio » O Parlamento aproba a iniciativa de En Marea para solicitar ao Estado dotación orzamentaria para proceder ao nomeamento de xuíces substitutos para o que queda de ano

O Parlamento aproba a iniciativa de En Marea para solicitar ao Estado dotación orzamentaria para proceder ao nomeamento de xuíces substitutos para o que queda de ano

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2017.- O Parlamento aprobou por unanimidade a iniciativa de En Marea na que se pide, entre outras cuestións, ao Goberno do Estado que consigne un apartado específico de dotación orzamentaria para proceder ao nomeamento de xuíces e xuízas substitutas para o que queda de ano que permitaatender as situacións de colapso máis urxentes e aquelas que teñen impacto específico na loita contra a violencia de xénero. Así mesmo se solicita dotar dunha asignación extraordinaria para nomear provisionalmente dúas persoas maxistradas para desatascar os problemas en concreto dos xulgados de Violencia de Vigo e da Coruña.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, lembrou que a principios do mes de xullo coñeceuse que o Ministerio decidira non custear a designación de ningún xuíz substituto no resto do ano 2017. En consecuencia no mes de agosto, o Xulgado de Violencia de Xénero da Coruña deixou de funcionar con normalidade por mor das vacacións da persoa titular, que non foron cubertas por medio dunha substitución.

Agora vimos de saber que o xulgado de Violencia de Xénero de Vigo, o outro especializado en toda Galicia xunto co da Coruña, pedira ao TSXG, no mes de xullo, unha persoa maxistrada de apoio para analizar o elevado número de casos de violencia machista que ten de tramitar e o grave perigo para a vida das mulleres. Por todo isto e ante a gravidade da situación o grupo parlamentario de En Marea presentou na comisión desta mañá unha proposición non de Lei, que finalmente foi aprobada por todos os grupos da Cámara, na que o Parlamento de Galicia insta á Xunta a se dirixir ao Goberno do Estado español para:

– Consignar un apartado específico de dotación orzamentaria para proceder ao nomeamento de xuíces/zas substitutas/os para o que queda de ano, que permitan atender as situacións de colapso máis urxentes e aquelas que teñen impacto específico na loita contra a violencia de xénero.

– Dotar dunha asignación extraordinaria para nomear provisionalmente dúas persoas maxistradas para desatascar os problemas en concreto dos xulgados de Violencia de Vigo e da Coruña.

– Dotar dunha asignación económica complementaria ás CCAA para o nomeamento de persoal funcionario de reforzo.

– Facer previsións realistas nas que se recollan con amplitude a dotación orzamentaria dedicada a Xustiza, o seupersoal e ao seu funcionamento garantido un servizo áxil de calidade.

O PP MINTE DELIBERADAMENTE PARA ATACAR A VILLARES

Pese á votar favorablemente á iniciativa de En Marea, o deputado do PP, Alberto Pazos, aproveitou a súa intervención para facer un discurso impropio e totalmente fora da cuestión a tratar vertendo acusando as deputadas de En Marea de ter realizados unhas declaracións que non fixeran. Despois incluso de que a propia autora das mesmas indicara que fora ela e non En Marea e despois de se ter explicado xa a semana pasada en sesión plenaria, o deputado popular non só insistiu en manter as súas verbas senón que ampliou a acusación ao resto de grupos da oposición.

Así mesmo, Alberto Pazos optou por atacar ao voceiro de En Marea de maneira deliberada empregando argumentos e afirmacións que sabían eran manifestamente falsas e que se sitúan moi lonxe dese decoro parlamentario e ton de diálogo ao que tantas veces recorre o PP pero que esquece poñer en practica como demostrou esta mañá o deputado Alberto.

Todos os grupos da oposición anunciaron que presentarán unha protesta formal na Cámara ante a incorrecta xestión por parte do presidente da Comisión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

19 − 16 =

X