Estás aquí: Inicio » O Parlamento aproba a proposta de En Marea para regularizar a situación profesional das Técnicas en coidados auxiliares de enfermería
A proposta aprobada por unanimidade quere regularizar unha situación histórica de falta de axeitamento da categoría laboral destas traballadoras sanitarias
A situación do colectivo de Técnicas en coidados auxiliares de enfermería leva anos nunha situación irregular en canto a súa situación profesional no sistema de saúde e desde En Marea se fixo unha proposta, aprobada por unanimidade, para que este colectivo teña a actualización profesional conforme a actual normativa.
Segundo defendeu Eva Solla no pleno do Parlamento de Galicia, “as compañeiras fan un traballo imprescindible dentro do sistema sanitario en todo tipo de servizos de atención especializada e primaria, coidan, organizan, alimentan, traballan e en urxencias, ucis etc, e servizos que requiren un elevado nivel de tecnificación e de compromiso co seu traballo”. Para a vicepresidenta do Parlamento de Galicia a circunstancia da súa situación profesional “é inxusta” posto que é “unha categoría profesional esquecida polas administracións”.
A petición realizada por En Marea ten como finalidade “promover a regulación coordinada de función das Técnicas de enfermería adaptando a normativa á realidade actual. Tamén pide a Proposta non de lei formulada neste pleno que se derrogue a disposición transitoria 3ª do EBEP para que se poida actualizar o nivel que teñen estas técnicas.
Eva Solla, sinalou na súa intervención respecto a esta titulación, no ano 2005 o Instituto Nacional de Cualificaciones, emitiu un informe no que consideraba que debía aumentar un nivel de cualificación, pasando do nivel 2 ao nivel 3, ao considerar que dita formación profesional require da competencia dun conxunto de actividades profesionais que precisan dun dominio de diversas técnicas.