Notas de Prensa | En Marea

Estás aquí: Inicio » Notas de Prensa » Páxina 3

Notas de Prensa

26 Setembro, 2017

En Marea vota en contra da lei de protección e benestar animal ante a negativa do PP a aceptar oito emendas “imprescindibles” para a protección e defensa real do benestar dos animais

O deputado Francisco Casal tratou ata o último momento de conseguir que os membros do PP “reflexionasen” ante cuestións fundamentais presentadas polo seu grupo como a inclusión do sacrificio cero, dotacións orzamentarias para as protectoras, ou a inclusión dos équidos agora mesmo excluídos do texto
26 Setembro, 2017

En Marea anima ao Goberno galego a asumir os erros, retirar o plan de transportes e elaborar un verdadeiro plan con participación, dialogado e adecuado para Galicia

O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, criticou a improvisación e incapacidade da Xunta de Galicia que quedou demostrada no fracaso da implantación da primeira fase do plan
25 Setembro, 2017

En Marea esíxelle á Xunta e ao Concello de Vigo que asuman os servizos desmantelados tralo peche da Casa da Xuventude

Paula Quinteiro: "Nun momento no que emigran miles de mozos e mozas, esixiremos que a Xunta atenda as súas competencias en materia de información e asesoramento laboral á mocidade de Vigo". Rubén Pérez: "Levaremos ao vindeiro pleno municipal unha moción para que se recuperen os servizos á mocidade na Casa da Xuventude e Punto Xove de Vigo"
25 Setembro, 2017

En Marea urxe á Xunta data concreta para a aprobación do Plan Rector do Parque Nacional das Illas Atlánticas e unha mellora nas condicións laborais do persoal

Davide Rodríguez e Marcos Cal presentaron unha pregunta no Parlamento de Galicia na que esixe á Xunta que indique unha data concreta para a aprobación do PRUX, un plan que segundo os deputados “ten que ser elaborado contando cos diferentes axentes relacionados coas Illas Atlánticas”. Para En Marea é evidente que se puxo en risco a seguridade das persoas coa benevolencia histórica da Xunta fronte ás navieras, que xa acumulaban máis de 20 expedientes por incumprimento.
24 Setembro, 2017

En Marea defende en Zaragoza o dereito dos pobos a decidir

Deputadas do Congreso e do Parlamento de Galicia, alcaldes e membros de En Marea participaron na asamblea que reivindicou o dereito dos cataláns
22 Setembro, 2017

O Parlamento aproba a iniciativa de En Marea para solicitar ao Estado dotación orzamentaria para proceder ao nomeamento de xuíces substitutos para o que queda de ano

O voceiro de En Marea, Luís Villares, salientou que esta medida permitiría atender as situacións de colapso máis urxente e aquelas que teñen impacto específico na loita contra a violencia de xénero
22 Setembro, 2017

En Marea apoia as mobilizacións da Rede galega en apoio ás persoas refuxiadas e esixe ao goberno que cumpra os compromisos de acollemento

En Marea propón catro medidas para que Galicia acolla a refuxiadas de maneira activa
22 Setembro, 2017

En Marea insta á Xunta a incluír as partidas necesarias nos vindeiros orzamentos autonómicos para arranxar as deficiencias do centro de saúde de Marín

A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, Eva Solla, reuniuse esta mañá cos concelleiros da Marea Marín, Sandra Pesqueira e Aarón Franco, para falar das iniciativas que o grupo presentará no Parlamento Eva Solla lamentou que o que o propio Feijóo definiu coma un “pequeno hospital” quedase nun centro de saúde malo, con carencias tanto de servizos fundamentais coma de persoal
X