Candidatura pola provincia de A Coruña
Pancho Casal (A Coruña, 1955) é enxeñeiro industrial, mais a maior parte da súa carreira desenvolveuse no eido audiovisual como produtor. Conta con seis premios Goya a proxectos nos que participou e a produción de máis de 40 longametraxes. Despois de ter militado na loita democrática contra a ditadura franquista, voltou a implicarse na política activa no ano 2014. Foi elixido deputado por En Marea en 2016 e forma parte do Consello das Mareas do partido desde 2018.
Francisco Casal VidalCandidato nº 1 pola provincia da Coruña
María Chao. (As Pontes) Muller da aldea. Estudou dereito na UDC e traballou en varios despachos de avogados. Actualmente prepara oposicións aos corpos de Xustiza do Estado. Chegou á política demandando democracia real e xustiza social. Colaborou na formación da plataforma veciñal do seu pobo e foi concelleira entre 2016 e 2019. Apaixoada da cultura e tradicións galegas e activista feminista e ambiental, segue pelexando cada día por poder ter unha vida e un futuro digno na nosa terra.
María ChaoCandidata nº 2 pola provincia de A Coruña
Orlando Villamaior realizou estudos no grao de Administración e Dirección de Empresas na USC. Na actualidade é un empresario con máis de 30 anos de experiencia. Foi fundador e Presidente da Asociación de Empresarios de Lagartóns e Limítrofes.
Orlando VillamaiorCandidato nº 3 pola provincia de A Coruña
Alesandra Rodríguez. 1998. Fixo o Ciclo Superior de Técnico de Laboratorio Clínico e Biomédico. Traballou como técnica de laboratorio.
Alesandra RodríguezCandidata nº 4 pola provincia de A Coruña
Bernardo Lorenzo, Ferrol, 1962. Estudou Filosofía na USC. Na época universitaria foi Vicedecano de Política cultural da Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación, membro do Claustro universitario e da súa Comisión de Goberno. Desde os anos 90 desenvolveu a súa actividade profesional no mundo editorial e da comunicación publicitaria e institucional. No mandato 1999-2003 foi elixido concelleiro en Ferrol, formando parte do goberno municipal. Nas eleccións de 2003 resultou elixido novamente renunciando á súa acta en decembro de 2004. Foi candidato á alcaldía do Concello de Ferrol por marea de Ferrol no 2019. Na actualidade é membro do Consello das Mareas.
Bernardo LorenzoCandidato nº 5 pola provincia de A Coruña
Previous
Next