A nosa candidatura
Pancho Casal (A Coruña, 1955) é enxeñeiro industrial, mais a maior parte da súa carreira desenvolveuse no eido audiovisual como produtor. Conta con seis premios Goya a proxectos nos que participou e a produción de máis de 40 longametraxes. Despois de ter militado na loita democrática contra a ditadura franquista, voltou a implicarse na política activa no ano 2014. Foi elixido deputado por En Marea en 2016 e forma parte do Consello das Mareas do partido desde 2018.
Francisco Casal VidalCandidato nº 1 pola provincia da Coruña
Peque González é mestra en Pontevedra. Dunha familia de tradición republicana e galeguista, é Licenciada en Psicoloxía pola USC e traballou toda a vida na educación pública, impulsando a posta en funcionamento dos primeiros comedores escolares na escola pública do país e colaborando en distintos proxectos de innovación educativa.
Peque GonzálezCandidata nº 1 pola provincia de Pontevedra
Iván R. Lombardero nado en Ribadeo, é xeólogo ambiental. Realizou a súa tese de doutoramento no departamento de Planificación Rural da UPM. Conta con 8 anos de experiencia na docencia universiaria, tendo pasado tamén pola administración ambiental e a empresa privada. Activista ambiental, participou na política municipal como integrante de Ribadeo en Común e hoxe na Marea de Ribadeo.
Iván Rodríguez LombarderoCandidato nº1 pola provindia de Lugo
Milagros Corral comezo a súa vida laboral aos 19 anos cando estudaba enxeñería técnica ind dustrial como administrativa. Cunha ampla experiencia laboral, comezou en política de moza. Foi concelleira en Amoeiro e forma parte de CxG dende 2017, como Secretaria Local de Amoeiro e membro da súa Executiva Nacional.
Milagros Corral SurribasCandidata nº 1 pola provincia de Ourense
Previous
Next