En Marea visita ás zonas afectadas polos lumes no Concello de Cervantes

Estás aquí: Inicio » En Marea visita ás zonas afectadas polos lumes no Concello de Cervantes

En Marea visita ás zonas afectadas polos lumes no Concello de Cervantes

O voceiro de En Marea, Luís Villares, visitou as zonas afectadas polo lume en Cervantes (Lugo) onde denunciou unha vez máis os múltiples erros e deficiencias de xestión por parte da Xunta ante a vaga de incendios destes días. Villares lamentou a situación de abandono á que se veu sometida a poboación por falla de información, recursos, por que non funcionaron correctamente os servizos de emerxencias.

 

En Marea considera urxente o establecemento de axudas para ás persoas afectadas, especialmente as que perderon as súas casas, os seus negocios e tamén para recuperar todo o sistema de montes en atención as comunidades de montes. Salientou ademais a necesidade de elaborar un plan de choque de carácter ecolóxico para evitar que a contaminación das rías.

 

O voceiro considerou necesario que a Xunta de Galicia abra oficinas naqueles concellos afectados polo lume de xeito achegando a administración á xente e facilitando os trámites administrativos para a solicitude destas axudas.

“Esta situación non é unha cuestión exclusiva de lume senón de modelo” afirmou para o que sería preciso que “a situación vivida nos últimos días sirva para abrir un debate profundo sobre o modelo de territorio co obxectivo de acadar un grande pacto que dea solución dunha vez por todas ao grave problema dos incendios no noso país”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

7 + six =

X