En Marea urxe á Xunta data concreta para a aprobación do Plan Rector do Parque Nacional das Illas Atlánticas e unha mellora nas condicións laborais do persoal

Estás aquí: Inicio » En Marea urxe á Xunta data concreta para a aprobación do Plan Rector do Parque Nacional das Illas Atlánticas e unha mellora nas condicións laborais do persoal

En Marea urxe á Xunta data concreta para a aprobación do Plan Rector do Parque Nacional das Illas Atlánticas e unha mellora nas condicións laborais do persoal

Santiago, 25 de setembro de 2017.- Para os deputados de En Marea Davide Rodríguez e Marcos Cal é unha ‘vergoña’que a Xunta amosase un desleixo absoluto na vixilancia á sobrevenda de billetes, chegando a estar nas illas Cíes preto de 8.000 persoas nun só día, cando o máximo son 2.200 e 800 campistas. Isto supón “un descontrol salvaxe, unha falta de vixilancia e unha masificación extrema que pon gravemente en perigo a flora e a fauna autóctona da illa”.

Para En Marea os problemas viñeron dados pola falta de aprobación dun regulamento indispensable para xestionar de maneira correcta o Parque Nacional das Illas Atlánticas. O PRUX vén sendo reclamado durante anos polo cadro de persoal das Illas e colectivos ecoloxistas, mais “a Xunta escúdase en que o PRUX non é aprobado polo rexeitamento das confrarías a crear unha reserva mariña; mais non apreciamos achegamentos sinceros que expliquen ó persoal das confrarías os beneficios que ten dita reserva para o sector do mar” apuntan dende En Marea.

Ademais, segundo colectivos ecoloxistas e expertos en bioloxía, a falta de regulamento e vixilancia na sobrevenda de billetes supón un problema ambiental, que tamén ten consecuencias nun sector económico coma o do turismo, pois rebaixa a calidade turística das illas. Davide Rodríguez denuncia que a Xunta aposta por un turismo de cantidade e non de calidade.

A todo isto súmanselle as pésimas condicións laborais do persoal das Illas Atlánticas. Moitos axentes forestais realizan labores de control e contado de persoas que baixan dos barcos en lugar de realizar tarefas relacionadas coa flora e a fauna, os axentes contratados na época estival por TRAGSA exercen de peóns de mantemento e de recollida de lixo, incluso axentes que traballan durante todo o ano levan a cabo tarefas que sobrepasan as súas responsabilidades. Ademais, ningunha persoa está contratada como “fixa”, só hai algunhas como “indefinidas”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three + 6 =

X