En Marea solicita a comparecencia da Conselleira de Medio Rural e reitera o cese de Fernández-Couto trala súa imputación

Estás aquí: Inicio » En Marea solicita a comparecencia da Conselleira de Medio Rural e reitera o cese de Fernández-Couto trala súa imputación

En Marea solicita a comparecencia da Conselleira de Medio Rural e reitera o cese de Fernández-Couto trala súa imputación

Ángeles Vázquez, acompañada polo director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, presentará en rolda de prensa a nova campaña de divulgación e concienciación cidadá fronte os incendios forestais Faite Cortalumes.

En Marea pide a comparecencia da conselleira de Medio Rural para que explique o proceso de adxudicación dos helicópteros contra o lume tras unha denuncia realizada pola CIG. Ao tempo, En Marea volve pedirlle a Feijóo o cese inmediato de Fernández-Couto como responsable da política forestal dos últimos anos en Galicia e pola xestión desastrosa da vaga de lumes do domingo negro.

Ademais de solicitar a comparecencia da conselleira, En Marea pediu no pleno celebrado esta mesma semana que o presidente da Xunta cese a Tomás Fernández-Couto pola seu fracaso á fronte da dirección xeral de Montes.

Luís Villares explicou no pleno no que reiterou a necesidade do seu cese que a Xunta de Galicia ía cambiar a súa política forestal despois do ocorrido no domingo negro nos montes de Galicia, “quere dicir que alguén debe asumir os erros cometidos ata agora” e nese lugar de responsabilidade está claramente Fernández-Couto, según sinalou no pleno o voceiro de En Marea.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 × 4 =

X