En Marea reunirase coa xunta de persoal do Hospital e coa plataforma en defensa da sanidade públcia de O Barco

Estás aquí: Inicio » En Marea reunirase coa xunta de persoal do Hospital e coa plataforma en defensa da sanidade públcia de O Barco

En Marea reunirase coa xunta de persoal do Hospital e coa plataforma en defensa da sanidade públcia de O Barco

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017.- En Marea ven denunciando que a modificación da Lei de Saúde traerá consigo o desmantelamento da sanidade pública, en concreto, da área sanitaria de O Barco, que pasará a ser distrito sanitario, cunhas competencias e funcións ate agora descoñecidas pero que previsiblemente conlevarán un peor funcionamento da atención primaria, o incremento da burocracia administrativa, etc. En definitiva, un empeoramento na atención á veciñanza dos concellos afectados, por iso apoian as esixencias da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública.

Dada a relevancia da situación, desde En Marea consideran esencial reunirse cos actores implicados, para coñecer a realidade de cada comarca de primeira man, polo que, aproveitando as concentracións que teñen lugar para esixir a retirada do anteproxecto, os parlamentarios manterán unha xuntanza con integrantes da Xunta de Persoal do Hospital e da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de O Barco, este mércores, 20 de setembro.

Á citada xuntanza asistirán tamén, como integrantes da Plataforma Sanitaria e promotores das concentracións nos seus concellos (tamén directamente afectados polo anteproxecto), o concelleiro de Son de Trives, Jorge Vázquez, e o alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez. Ambos amosaron a súa implicación e compromiso neste asunto desde o primeiro momento, facendo súas as esixencias da Plataforma Sanitaria e loitando por unha sanidade pública, de calidade e proximidade.

En Marea esixe unha vez máis que a atención sanitaria no rural se equipare á dos núcleos urbanos, que se invista en medios e recursos tamén nos pobos, que é onde máis se precisa, xa que é onde a dispersión xeográfica e a idade da poboación é maior. “Quen vivimos no rural non somos cidadanía de segunda”, criticaba fai uns días o deputado de En Marea no Parlamento, Davide Rodríguez.

Por elo, desde En Marea, ademais de apoiar as esixencias da Plataforma Sanitaria, propoñen ampliar as áreas sanitarias (das 11 actuais a 14), potenciar a atención primaria e descentralizar a toma de decisións.

Ademais de participar na xuntanza, o voceiro de En Marea, Luís Villares, e o deputado Davide Rodríguez, asistirán á concentración diante do hospital do Barco ás 12:00h, tal e como farán Jorge Vázquez e Félix Dominguez nos seus respectivos concellos. Todos emprazan á cidadanía a asistir a ditas concentracións e que se escoiten as súas demandas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 + sixteen =

X