En Marea reta a Feijóo a comparecer de xeito voluntario para dar conta da súa interesada e errada decisión de anular o concurso eólico que terán que pagar agora todos os galegos e galegas

Estás aquí: Inicio » En Marea reta a Feijóo a comparecer de xeito voluntario para dar conta da súa interesada e errada decisión de anular o concurso eólico que terán que pagar agora todos os galegos e galegas

En Marea reta a Feijóo a comparecer de xeito voluntario para dar conta da súa interesada e errada decisión de anular o concurso eólico que terán que pagar agora todos os galegos e galegas

Santiago de Compostela 15 de setembro de 2017.- En Marea reta ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a comparecer de xeito voluntario para dar conta da súa errada decisión de anular o concurso eólico polo que haberá que pagar agora 3 millóns de euros das arcas públicas. Así mesmo, esixe que poña en coñecemento do Consello de Contas todo o expediente para que fiscalice toda a actuación contable desde o inicio algo que non debería ser un problema “se non ten nada que agochar”.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, e o deputado de En Marea, Francisco Casal, denunciaron a actuación de Núñez Feijóo e o PP baseada en intereses persoais e de “amiguetes” que provocaron a anulación deste concurso alegando que era ilegal, algo que posteriormente a Xustiza desmentiu e que provoca que a Xunta de Galicia teña que pagar agora 3 millóns de euros en indemnizacións. O deputado Francisco Casal salientou non só o custe económico que supón esta actuación senón que supuxo así mesmo o “desmantelamento da industria eólica”. Unha anulación que en realidade produciuse porque non saíran beneficiados os “amiguetes do PP”.

“A decisión de Feijóo acabou co sector en Galicia acabando con máis de 1.5000 millóns de euros e máis de 10.000 postos de traballo que se terían creado o que nos leva a afirmar que é o PP a trituradora do emprego de calidade no noso país” afirmou Francisco Casal. Segundo os cálculos de En Marea de feito, a aportación actual sería de máis de 70 millóns de euros aos distintos concellos que estarían sendo ingresados na actualidade se o PP non tivera anulado o concurso eólico.

O novo plan de Feijóo incluíu adxudicacións nesta ocasión si “aos amiguetes do PP” sen experiencia algunha no sector e demostraron que o único que lles interesa a estas empresas era contar coa concesión para despois vendela a unterceiro que normalmente non ten nada que ver coa realidade de Galicia.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, asegurou que estamos diante dun feito “claro e grave” e defendeu a idea de que un político ten que ser responsable dos seus actos. “Feijóo equivocouse e os erros hai que pagalos en política. Feijóo foi quen se equivocou, Feijóo é quen ten que pagar” afirmou. Un “despilfarro ilexítimo e inmoral” co que “fulminaron miles de postos de traballo no noso país e vainos custar 3 millóns de euros a todos os galegos e galegas ̈.

Nesta liña o voceiro de En Marea considerou non lexítimo que se paguen con diñeiro público “unha promesa electoral do PP e do propio Feijóo que non era acorde á lexislación, unha posta persoal de Feijóo pagada con diñeiro de todas e todos”. Con ese diñeiro como explicou Villares poderíanse ter pagado todos os xuíces substitutos este pasado verán e non terían quedado sen cubrir por exemplo os xulgados de violencia de xénero, poderíanse mellorar os plans contra a precariedade laboral, non pechar os centros de ensino que pecharon ao remate do curso anterior, crear novas prazas de profesorado ou abrir un centro de día en Rianxo.

Por todo isto, o grupo parlamentario de En Marea fixo un chamamento ao presidente da Xunta a comparecer voluntariamente no Parlamento para dar da anulación do concurso eólico e das súas consecuencias na actualidade, ao tempo de que pediu que trasladase toda a información ao Consello de Contas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 × one =

X