En Marea reclama un trampeo primaveral masivo e dotación orzamentaria para loitar contra a invasión da vespa velutina

Estás aquí: Inicio » En Marea reclama un trampeo primaveral masivo e dotación orzamentaria para loitar contra a invasión da vespa velutina

En Marea reclama un trampeo primaveral masivo e dotación orzamentaria para loitar contra a invasión da vespa velutina

Esta mañá a Plataforma Stop Velutina acudiu ao Parlamento de Galicia para rexistrar unha Proposición Non de Lei de cara a trasladar as principais peticións e solicitudes dos sectores máis afectados pola invasión desta especia exótica. Os deputados de En Marea Paula Quinteiro e Davide Rodríguez acompañaron aos membros da plataforma durante a presentación en rexistro e trasladarán ao pleno da vindeira semana unha iniciativa na que recollen as principais demandas de Stop Velutina a través dun plan de choque de loita contra a vespa.

“Necesitamos empezar co trampeo masivo en febreiro ou marzo”, reivindicou a deputada Paula Quinteiro referíndose a unha das reclamacións que lle trasladará á Xunta na vindeira sesión plenaria, que pasaría por realizar un trampeo primaveral masivo e coordinado polas administración competentes, consistente na entrega dunhas 50.000 trampas a apicultores e concellos. “Ata este momento a Xunta de Galicia permaneceu inmobil e non foi quen de responder ante esta especie invasora”.

Unha das principais críticas á inacción da Xunta por parte de Stop Velutina procede da non dotación de orzamentos para financiar a loita contra a praga. “Non hai un só euro nos orzamentos destinados a loitar contra a velutina, a diferencia do que acontece noutras Comunidades Autónomas”, denunciou a voceira da plataforma, Laura García. Nese senso, En Marea presentou onte mesmo unha emenda ás partidas da Consellería de Medio Rural coa que propuña destinar fondos específicos a esta praga, que foi rexeitada cos votos en contra do Partido Popular.

Outra das demandas é a unificación dunha investigación seria contra a velutina e que o financiamento sexa asumido pola Xunta. As Deputación da Coruña e de Pontevedra suman unha achega para estudos en 2017 por un total de 197.378 euros, mentres que a aportación do Goberno galego se reduciu a 50.000 euros.

Finalmente, dende En Marea solicitaremos a convocatoria dunha orde específica de axudas que permita ós sectores directamente afectados a recuperación das perdas e gastos derivadas da invasión da vespa velutina, non só da peda física dos animais e da colleita correlativa de mel, senón tamén da xestión da praga nos respectivos lugares.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

15 − 3 =

X