En Marea reclama solucions reais e urxentes para acabar co drama dos desafiuzamentos

Estás aquí: Inicio » En Marea reclama solucions reais e urxentes para acabar co drama dos desafiuzamentos

En Marea reclama solucions reais e urxentes para acabar co drama dos desafiuzamentos

En Marea ven de rexistrar unha moción para o seu debate no Pleno do Parlamento galego para demandar solucións ante o drama das persoas que se quedan sin vivenda todos os días en Galiza, excluíndoas dun dereito básico.  Segundo os datos do CXPX incrementáronse en Galiza no primeiro trimestre de 2017 nun 9,8 por cento, e no segundo un 6 por cento, e aínda que baixan as execucións hipotecarias, suben espectacularmente os lanzamentosderivados de impagos de aluguer. Cada día danse de media en Galiza máis de 4 lanzamentos.

Desde En Marea non cren que se trate dunha situación coiuntural senón que é estructural, e deriva por un lado do empobrecemento de amplas capas da sociedade, debido aos efectos do desemprego, do incremento do emprego temporal, da inestabilidade, precariedade da xeralizaación dos salarios que non son suficientes para vivir, e por outra banda dunhas políticas de vivenda que priorizan o negocio dos grandes poseedores de vivenda sobre o dereito á vivenda.

A maioría dos mozos e mozas que acceden a unha vivenda fano través do aluguer.A porcentaxe incrementouse espectacularmente nos últimos anos.

Ante a ausencia de mecanismos de regulación dos prezos e das condicións dos alugueiros o aumento da demanda fai subir uns prezos que en Galiza medraron no 2016 un 6,6 por cento,o que incrementa e incrementará as dificultades para acceder a unha vivenda de moita xente, sobre todo moza e de colectivos con menores recursos económicos.

En Marea propón priorizar as políticas que doten a Galiza dun parque público de vivenda pública en aluguer con prezos sociais cunha dimensión axeitada, moto maior que a actual que non chega nin ao 0,3 por cento do parque total de vivenda, xa que sería un elemento regulador do mercado e unha boa opción para a xente con menos recursos económicos, ou aquela que opte polo aluguer como opción sobre a compra.

Nos anos de goberno do PP en Galiza, a vivenda pública en alugueiro non ten medrado practicamente, non sobrepasa as 3500 vivendas propiedade da Xunta de Galicia nese réxime, e en calqueira caso carece da forza necesaria para ser unha solución a este grave problema.

Por iso En Marea propón que se incrementen os orzamentos adicados á vivenda de promoción pública, que se modifiquen os decretos, 253/2007 de Réxime Xurídico do Solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, e o Decreto 1/2010, polo que se regula o Rexistro único de demandantes de vivenda de Galiza, que regulan a adxudicación das vivendas de promoción pública, para dotalo de maior axilidade e simplicidade.

O sistema actual de adxudicación provoca longos periodos de espera grande cantidade de renuncias, porque as características da vivenda non se adaptan ás necesidades do demandante porque nese periodo mudaron as características da unidade familiar.

O grupo parlamentario demanda tamén a que se esixa ao Goberno do Estado  que ceda as vivendas propiedade da SAREB que sexan necesarias para que pasen a formar parte do patrimonio público xestionado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.

“É un escándalo democrático que despois dos miles de millóns de diñeiro público empleados en rescatar os bancos e en mercar os activos tóxicos, ésas vivendas propiedade da SAREB non se poñan a disposición da xente que o necesita” asegurou o vicevoceiro no Parlamento.

A maiores propoñen que se tomen medidas que permitan gravar as vivendas baleiras, mediante o desenvolvemento regulamentario previsto no RDL 2/2004 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais,  impoñendo recargos si así o acordan os concellos, e a modificación da Lei de Arrendamentos Urbanos que mellore a estabilidade dos contratos, limite o incremento dos prezos entre contrato e contrato, e limite as fianzas.

Para En Marea “é dunha inxustiza incomparable que nun país con 300.000 vivendas baleiras, cos bancos rescatados con miles de millóns de euros de diñeiro público, todos os días haxa xente que sexa expulsada das súas casas”. “Esta realidade é resultado de políticas ao servizo dos especuladores, e de gobernantes cunha absoluta falla de sensibilidade social” concluíu Antón Sánchez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

thirteen − 6 =

X