Estás aquí: Inicio » En Marea presenta 208 propostas concretas para financiar unha economía que impulse o crecemento, transforme o desenvolvemento social, e traslade a maior riqueza ao benestar da cidadanía
O deputado de En Marea, Manuel Lago, insistiu na súa intervención na defensa das emendas transversais presentadas por En Marea ao Orzamento da Xunta de Galicia para o vindeiro ano, en denunciar a intolerable e inxustificable diferenza entre o crecemento da economía que sitúa o PIB nas cifras de 2008 e a realidade que están a vivir os galegos e galegas que siguen a vivir peor. “Temos o mesmo nivel de riqueza pero está peor distribuída: perden os que cobran salarios a, inmensa maioría social, e gañan as rendas empresariais. Así de simple. Así de inaceptable” afirmou. Unha situación que ten culpables como sinalou. Primeiro, as reformas laborais que recortaron dereitos laborais para impoñer a devaluación salarial e a precariedade extrema.
Co ritmo actual de aumento do orzamento é máis que posible que ata 2030 non cheguemos a recuperar o nivel de gasto real previo a recesión en cifras absolutas. “Aínda máis, se segue gobernando o PP é posible que nunca se recupere en termos comparados co PIB, porque redución do gasto público non é unha casualidade, nin un efecto secundario da crise nin un dano colateral: é un obxectivo buscado de forma premeditada polo goberno” explicou Manuel Lago.
A crise foi aproveitada para impoñer un profundo cambio no modelo social, dominado pola desigualdade, a precariedade e o deterioro do estado de benestar. Para recortar o peso do público na economía e na sociedade. É por este motivo ao entender de En Marea que a fase alcista do ciclo económico iniciada en 2014 non está servindo para recuperarnos dos recortes de 2009 a 2013. Así, o orzamento de 2018 vén a consolidar os recortes aplicados no período 2009/2014 dando continuidade a redución do peso do publico na ecónoma. “E nos a iso lle dicimos que non, e propoñemos unha vía alternativa coas nosas emendas” declarou o deputado de En Marea.
En Galicia e no Estado asegurou Lago estase sufrindo una política fiscal ideoloxicamente conservadora, neoliberal, que leva anos aplicando unha desfiscalización das rendas de capital, sobre os grandes patrimonios, provocando un dobre efecto: unha caída na recadación e unha redistribución da carga fiscal, na que os que mais pagan son as persoas asalariadas. O problema é de falta de ingresos para o que En Marea presentou a súa emenda a totalidade orientada a incrementar en 500 millóns de euros o nivel de gasto actuando sobre as diferentes vías de ingresos. E segundo redistribuír o gasto que fai o goberno, cambiando as prioridades do mesmo, por un imposte de 268 millóns de euros cara o gasto social e produtivo.
Incremento que se faría a través de:
Para isto primeiro sería preciso evitar o erro reiterado na estimacións dos ingresos, e polo tanto, da contía dos anticipos a conta que recibe a Xunta de Galicia. Segundo, hai que levar a cabo unha revisión e modificación do Fondo de Compensación Interterritorial. En terceiro lugar, un paquete de medidas fiscais co obxectivo de incrementar a recadación, actuando sobre os tipos das figuras tributarias que xa existen e creando outras novas. “Non é aceptable reducir a contribución da minoría que máis ten mentres que se aumenta unha débeda que logo temos que pagar entre todos” defendeu Manuel Lago.
O paquete de medidas fiscais que propón En Marea intégrase polos seguintes elementos:
En cuarto lugar, unha minoración selectiva e ponderada do actual nivel de beneficios e bonificacións fiscais. En quinto lugar, propoñemos reforzar o Plan de Inspección e de Loita contra o Fraude Fiscal.
Ademais dos maiores recursos o grupo de En Marea propón unha reorientación do gasto, trasladando gasto corrente de pouca utilidade a partidas que sirvan para mellorar a vida das persoas e impulsar o desenvolvemento produtivo do pais. Unha política de ingresos e de gastos que permita, polo tanto, iniciar o camiño da recuperación dos recortes, recuperando os recursos necesarios para financiar servizos públicos de calidade e unha ampliación necesaria da protección social.
O deputado Manuel Lago defendeu a proposta do seu grupo con 18 programas e 208 propostas concretas entre as que destacan as seguintes:
O deputado de En Marea, Manuel Lago, concluíu a súa intervención asegurando que “fronte a resignación, os recortes e o axuste permanente En Marea propón incrementar os ingresos co obxectivo de financiar unha política económica que impulse o crecemento, o transforme en desenvolvemento económico e social, baseado na economía produtiva, que traslade a maior riqueza o benestar da cidadanía combatendo a desigualdade, a precariedade, a pobreza e a exclusión”.
1 Comment
Magnífica, contundente e solvente intervención do camarada e amigo Manolo Lago. A miles de quilometros so podo felicitalo e agradecerlle unha intervención tan atinada e rigurosa ademais de necesaria. Parabens a Manolo e a todo o grupo parlamentario de En Marea. HAI MAREA!