En Marea presenta 124 emendas á Lei de iniciativas empresarias para que non se convirta na legalización do expolio en Galicia

Estás aquí: Inicio » En Marea presenta 124 emendas á Lei de iniciativas empresarias para que non se convirta na legalización do expolio en Galicia

En Marea presenta 124 emendas á Lei de iniciativas empresarias para que non se convirta na legalización do expolio en Galicia

Santiago, 28 de setembro de 2017.- En Marea presentou no Parlamento de Galicia 123 emendas para evitar que a Lei de iniciativas empresarias de Galicia se convirta “na lei que legalice o expolio dos recursos naturais de Galicia”. A emendas de En Marea están orientadas a regular a actividade para evitar que as grandes empresas poidan explotar os recursos galegos sen deixar contrapartidas ou mesmo deixando que sexan os galegos quen teña que asumir os custes dos danos á natureza.

Antón Sánchez explicou que o PP pretende enmascarar con esta lei as súas verdadeiras intencións no que podemos considerar un tipo de “corrupción legalizada” que deixaría a Galicia nas mans das empresas e que de aplicarse “non quedará nada que protexer en Galicia”. Sánchez explicou que o PP está entregado ás empresas mineiras o patrimonio natural que é de todos os galegos”.

O vicevoceiro de En Marea sinalou que sempre foi crítico “co procedemento que se seguiu para o trámite da lei”, pola vía de “urxencia e cun título falso que pretende favorecer a poucas e moi grandes empresas”. Sánchez aseguro que Feijóo estaba manexando a Xunta como un consello de administración e para demostración “podemos citar un caso que éhabitual como de Villar Mir no río Xallas”.

Sánchez sinalou ao tempo que esa entrega ás empresas non só entrega os recursos “naturais de Galicia senón que cando esas empresas marchen, seremos os galegos quen teremos que pagar os custes de reparar os danos causados pola acción das empresas”.

O parlamentario de En Marea tamén explicou que o vindeiro 17 de outubro o PP aprobará esta lei coa súa maioría absoluta e entregará as empresas un agasallo dos que os galegos terán que pagar a factura final e isto “máis que unha lei de iniciativas empresariais é un roubo de luva branca”.

Nesta lei están incluídas aspectos sobre a Lei de estradas de Galicia, de Sogama, da lei de garantías, “o que demostra que o PP está colando nesta lei os seus intereses para favorecer aos amiguetes”.

A intención de En Marea coas 123 emendas é “desmontar as falacias do PP, porque se se consolida esta lei, “os novos terán que seguir emigrando porque a lei castiga o desenvolvimento sotible e favorece só as grandes empresas”, entre outras cousas declarando “como ben utilidade pública concesións destinadas a negocios de empresas privadas”.

– Rectificar a lei de garantías para contar cun regulamento eficaz e de protección dos recursos naturais e da paisaxe.
– Dotar de recursos á xestión dos permitos para talas e intervencións de xeito que se poidan contestar as peticións en tempo e forma.
– Eliminaras trabas aos pequenos produtores de enerxía
-Crear zonas de exclusión de explotación para manter un escrupuloso respecto para a paisaxe.

Neste último sentido, explicou Antón Sánchez que o PP estaba tentando aprobar explotacións mineiras en zonas de Rede Natura porque en prazo breve Europa esixirá a ampliación destas zonas e o que se pretende é que “as explotacións poidan comezar antes da esixencia europea”.

Para o parlamentario de En Marea, esta nova lei terá contestación social como “xa houbo coa lei de acuicultura eCorcoesto”, tamén haberá contestación por parte dos concellos posto que se están “invadindo competencias muicipais” e porque se están “vulnerando directivas europeas”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

10 − 5 =

X