En Marea preguntará ao presidente da Xunta de Galicia se pensa facer algo para evitar que o Goberno do Estado continúe a recortar dereitos e liberdades civís fundamentais

Estás aquí: Inicio » En Marea preguntará ao presidente da Xunta de Galicia se pensa facer algo para evitar que o Goberno do Estado continúe a recortar dereitos e liberdades civís fundamentais

En Marea preguntará ao presidente da Xunta de Galicia se pensa facer algo para evitar que o Goberno do Estado continúe a recortar dereitos e liberdades civís fundamentais

Audio rolda de prensa:

 

Enlace vídeo da rolda de prensa:

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017.- En Marea preguntará aopresidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que vai facer para dar solucións políticas aos problemas políticos evitando que o Goberno do Estado continúe recortando dereitos fundamentais como a liberdade de expresión, manifestacións e reunión. O voceiro de En Marea, Luís Villares, acusou ao PP de estar a facer “escapismo social” e intentar non render contas no Parlamento de Galicia enviando tinta de loura coa cuestión catalana para non falar dos problemas de Galicia.

O vindeiro pleno do Parlamento, o grupo de En Marea levará diversas iniciativas que si atenderán os problemas e dificultades que está a vivir a cidadanía galega como o desmantelamento impulsado polo PP que está a deixar incomunicado o rural co novo plan de transportes imposto polo Goberno galego. Deste xeito En Marea presentará unha proposición non de lei sobre o transporte público de Galicia para ofrecer unha proposta adecuada para o noso país.

Outro dos temas que o grupo levará á Cámara será o enorme retraso nas valoracións do grao de dependencia que está a dificultar o acceso ás axudas, algo que o voceiro de En Marea cualificou de “insolidariedade social por un retraso da Administración promovida de xeito deliberado polo PP que intenta non ter que pagar”. Neste sentido, En Marea presentará unha iniciativa na que se propoñe o aumento dos equipos de valoración de grao de discapacidade para acabar coa situación actual.

O anteproxecto da Lei de Saúde de Galicia será outro dos temas a tratar por parte de En Marea, un texto que provocará o empeoramento da atención primaria e especializada nos hospitais comarcais coa redución de servizos que provocan non só problemas de desatención senón que obrigan a realizar longos desprazamentos aos usuarios e usuarias. Unha actuación máis enmarcada dentro da estratexia do PP de desmantelamento do rural.

En Marea interpelará ao Goberno galego acerca do malgasto de diñeiro público por parte do PP coma o acontecido coa fraude do sector eólico que suporá terque pagar 3 millóns de euros dos petos de todas as galegas e galegos. “O modelo do PP basease en ter que pagar con cartos públicos as súas promesas electorais” afirmou Villares. O grupo de En Marea considera imprescindible que o presidente da Xunta de Galicia renda contas no Parlamento e por iso trasladou a Xunta de voceiros a petición de comparecencia que foi rexeitada.

A pregunta ao presidente no vindeiro pleno estará centrada no recorte de dereitos e liberdades que o Partido Popular está a levar a cabo aproveitando o conflito catalán. “É unha burla á liberdade de expresión” declarou Villares.

Fronte ao modelo do Partido Popular, En Marea unha vez máis levará ao pleno da Cámara as súas propostas orientadas no sentido totalmente oposto e baseado na ampliación de dereitos e liberdades da cidadanía.No relativo ao emprego, En Marea presentará unha moción sustentada na articulación dun sistema único, público e de calidade na extinción de incendios lonxe da precariedade do Partido Popular que como salientou o voceiro “está a acadar cotas inéditas no noso país sen que o PP faga nada ao respecto”

dereitos e liberdades que o Partido Popular está a levar a cabo aproveitando o conflito catalán. “É unha burla á liberdade de expresión” declarou Villares.Fronte ao modelo do Partido Popular, En Marea unha vez máis levará ao pleno da Cámara as súas propostas orientadas no sentido totalmente oposto e baseado na ampliación de dereitos e liberdades da cidadanía.No relativo ao emprego, En Marea presentará unha moción sustentada na articulación dun sistema único, público e de calidade na extinción de incendios lonxe da precariedade do Partido Popular que como salientou o voceiro “está a acadar cotas inéditas no noso país sen que o PP faga nada ao respecto”.Entre as preguntas urxentes ao Goberno, En Marea unha das cuestións será que vai fcer a Xunta para recuperar o conxunto espoliado por Franco, incluído o Pazo de Meirás, e proceder a apertura e exhumación das fosas dos represaliados da ditadura militar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 × 1 =

X