En Marea pide a integración dos axentes medioambientais no servizo 112 de Galicia e denuncia o “apagón do colectivo” por parte da Xunta

Estás aquí: Inicio » En Marea pide a integración dos axentes medioambientais no servizo 112 de Galicia e denuncia o “apagón do colectivo” por parte da Xunta

En Marea pide a integración dos axentes medioambientais no servizo 112 de Galicia e denuncia o “apagón do colectivo” por parte da Xunta

En Marea trasladou hoxe ao Parlamento a necesidade de restituír as competencias e funcións do corpo de Axentes Medioambientais, dependentes da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e da Consellería de Medio Rural. O encargado de defender a iniciativa foi o deputado Davide Rodríguez, que en días pasados xa preguntara en Comision polo motivo da eliminación dos vehículos oficiais dos axentes medioambientais, das cores específicas, o vinilo coa imaxe corporativa da Xunta de Galicia e o servizo ao que pertencen, así como da non dotación a esa flota de sistemas de iluminación prioritaria e da inexistencia dunha uniformidade regulamentada
Os Axentes Medioambientais ou Axentes Forestais son funcionarios e funcionarias que ostentan a condición de axentes da autoridade pertencente á Administración Pública galega e que, dacordo coa súa propia normativa ten encomendadas, entre outras funcións, as de vixilancia, policía e custodia dos bens xurídicos que conforman o patrimonio natural, e a de policía xudicial en sentido xenérico tal como establece o apartado 6 do artigo 283 da Lei de Axuizamento Criminal, actuando de forma auxiliar dos xuíces, tribunais e do Ministerio Fiscal.
“Eles son un dos piares máis importantes do servizo para evitar que ocorra o que pasou esta pasada fin de semana”, lembrou Davide Rodríguez, que cuestionou o recorte de funcións por parte da Xunta. “Quéixanse da falta absoluta de directrices dirixidas ó colectivo e a inexistencia de coordinadores-enlaces entre as Direccións Xerais e os Distritos e Xefaturas de Conservación da Natureza que “encaucen”, supervisen e dirixan as directrices en cuestión, e que a súa vez, doten ou propoñan aquelas necesidades de formación e medios técnicos para a realización dos distintos traballos encomendados”.
Para o parlamentario de En Marea é obvio que á Xunta non lle interesa que haxa tantos “ollos especializados” sobre un territorio, onde con carácter xeral, está presente a súa maior base social de votantes. “Canto menos organizados, formados e dotados, mais ambiguedade, deixadez, e por tanto, menos presión sobre os administrados”, denunciou Davide Rodríguez.
A iniciativa de En Marea solicita a integración dos axentes medioambientais no servizo do 112 Galicia e habilitar o corpo de axentes dependentes do corpo de Medio Ambiente de medios de defensa persoal para o exercicio das novas tarefas policiais. A maiores Rodríguez defendeu a necesidade de facer unha campaña institucional divulgativa sobre a labor que realizan, ademais de habilitar un teléfono de atención ao cidadán para denuncias medioambientais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

twenty − eight =

X