En Marea pide explicacións á Xunta pola falla de actuacións de control e vixiancia sobre o Grupo Mineiro San Finx ante as presuntas irregularidares denunciadas pola Fiscalía ante o xulgado

Estás aquí: Inicio » En Marea pide explicacións á Xunta pola falla de actuacións de control e vixiancia sobre o Grupo Mineiro San Finx ante as presuntas irregularidares denunciadas pola Fiscalía ante o xulgado

En Marea pide explicacións á Xunta pola falla de actuacións de control e vixiancia sobre o Grupo Mineiro San Finx ante as presuntas irregularidares denunciadas pola Fiscalía ante o xulgado

En Marea rexistrou diversas iniciativas parlamentarias pedindo explicacións á Xunta de Galicia e augas de Galicia polas súas actuacións nas minas de San Finx tras se coñecer a denuncia presentada ante o xulgado das presuntas irregularidades por parte da empresa e da Xunta de Galicia. “Un texto preocupante que ofrece unha imaxe dunha administración autonómica cómplice dunha empresa” como sinalou o vicevoceiro de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez. Lembrou que para a reapertura das minas de San Finx, o goberno bipartito establecera a obriga de realizar un estudo de impacto ambiental trámite do que foi eximida a empresa en canto o PP chegou ao Goberno galego.

Está en tramitación unha solicitude de autorización de vertidos ao dominio público por parte de Augas de Galicia de augas ácidas almacenadas nas galerías da mina, pero xa houbo vertidos sen autorización, recoñecendo Augas de Galicia a contaminación e os niveis de cadmio e zinc por riba dos límites permitidos incluso un quilómetro e medio augas abaixo.

Existen tamén dúas balsas con residuos mineiros en mal estado de conservación que poden dar lugar a un verquido no dominio público hidráulico que pode causar graves danos, como xa vimos no caso da ruptura da balsa de Monte Neme.

En Marea amosou a súa preocupación pola tolerancia e connivencia da Xunta con estas empresas contaminantes que provocan danos ambientais e que soen deixar pasivos que asumimos a cidadanía con recursos públicos.

Un exemplo máis dese modelo polo que pula Feijóo e Tahoces, exemplificado na aprobación dunha Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais feita a medida das grandes mineiras.

“Moitas persoas, colectivos, e outras empresas do sector, pregúntanse que hai detrás da inacción da Consellería de Medio Ambiente nunha situación cuxas dimensións aínda descoñecemos. En Marea tamén se fai esa pregunta” afirmou Sánchez. Non é unha pregunta nova, pois xa se lle formulou ao Sr. Bernardo Tahoces, así como repetidamente ao Sr. Director de Augas de Galicia, que non só parece compartir responsabilidade senón tamén criterio fronte á grave afectación que estas explotacións non sometidas ao procedemento de avaliación de impacto ambiental están tendo e terán no medio ambiente, en particular as drenaxes ácidas de mina.

Sorprende aínda a Xunta, cando o día 15 de novembro de 2017 emite un comunicado, recollido por diversos medios, no que sae ao paso á remisión ao Xulgado por parte da Fiscalía deste mesmo asunto, dándonos o titular “La Xunta asegura que no era necesaria declaración ambiental en San Finx”.

Por todo isto, o grupo parlamentario de En Marea reclama ao Goberno galego entre outras cuestións sobre o fundamento legal para que os proxectos mineiros aprobados en 2009 para a minas de San Finx , con resolución previa que condicionaban a transmisión da concesión, paralizada desde o fin dos anos 1980, a presentar os estudos de impacto ambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 × two =

X