En Marea pide explicacións polo nomeamento de María Luísa Brandt Sanz como directora de Povisa e a ex conselleira Rocío Mosquera como directora de Galaria

Estás aquí: Inicio » En Marea pide explicacións polo nomeamento de María Luísa Brandt Sanz como directora de Povisa e a ex conselleira Rocío Mosquera como directora de Galaria

En Marea pide explicacións polo nomeamento de María Luísa Brandt Sanz como directora de Povisa e a ex conselleira Rocío Mosquera como directora de Galaria

O grupo parlamentario de En Marea pedirá explicacións ao Goberno galego polo nomeamento de Maria Luisa Brandt Sanz como directora de Povisa, entidade concertada co Sergas. O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, lembrou que Bradt Sanz tiña desempeñado, ata o seu cese, o posto directivo-alto cargo de directora-xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., cuias decisións e actuacións dende dita empresa pública engrosaron o negocio do hospital polo que ficha agora.

Como é ben sabido o Sergas mantén desde hai anos o réxime de concerto con Povisa para a prestación de servizos sanitarios. Sábese tamén que a empresa  Galaria, da que foi xerente Dª María Luisa Brandt, foi quen cedeu a encomenda de supervisión da construción do novo Hospital de Vigo a Efficientia Clinical Management, que amparou o cambio da oferta hospitalaria, suprimindo unidades previstas (unidades de queimados e ciruxía maxilofacila), e que foron concertadas con Povisa, da que ex-directora xerente de Galaria é agora a sua xerente. .

Tamén foi publicitado que unha das súas primeiras encomendas como directora de Povisa era a captación de pacientes da área sanitaria de Vigo, ata acadar o obxectivo dos 139.000 pacientes, o límite máximo do concerto co Sergas, o cal foi anunciado pola propia Povisa.

“En consecuencia, a directora-xerente de Galaria, cesa en dita empresa pública de servizos sanitarios, e é “fichada” de inmediato polo hospital privado de maior concerto co Sergas, e sen que a Xunta teña feito nada para evitalo” sinalou Antón Sánchez.

“Que non é ético é evidente.Agora, coas iniciativas queremos saber si é legal e cumple co réxime de incompatibilidades previsto na Lei 1/2016 de trasparencia e bo goberno.Hai moitos indicios de que non cumple”, manifestou Antón Sánchez.

Cabe lembrar que o réxime de incompatibilidades do persoal directivo da empresas públicas autonómicas previsto na Lei 1/2016 ,do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e de acordo co seu art. 37.1.c), é de aplicación aos “directores e as directoras xerais e asimilados dos entes instrumentais do sector público autonómico previstos no artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia”. E dito art. 45 da Lei 16/2010 inclúe no sei ámbito de aplicación ás sociedades mercantís públicas autonómicas.

Do mesmo xeito, o artigo 45 da Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno recolle de forma expresa que “1.Durante os dous anos seguintes á data do seu cesamento, os altos cargos non poderán realizar actividades nin prestar servizos en entidades privadas relacionadas con expedientes sobre os cales ditasen resolución no exercicio do cargo…. 3. Durante os dous anos seguintes á data do seu cesamento, os altos cargos tampouco poderán asinar, nin por si mesmos nin a través de entidades participadas por eles directa ou indirectamente en máis do dez por cento, contratos de asistencia técnica, de servizos ou similares coa Administración pública na cal prestasen servizos, sempre que garden relación directa coas funcións que o alto cargo exercía. 4. Durante o mencionado período de dous anos, a que se refire o número 1, estas persoas deberán efectuar, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, declaración sobre as actividades que vaian realizar, con carácter previo ao seu inicio.

Por este motivo, En Marea rexistrou diversas iniciativas no Parlamento co obxectivo de que a Xunta responda no pleno da Cámara por este nomeamento e o posible incumprimento do réxime de incompatibilidades, así como a súa valoración ética que a ex-directora de Galaria cese no seu posto e sexa contratada de inmediato como xerente de Povisa, o hospital privado co maior concerto do Sergas.

A utilización sistemática das portas xiratorias e as políticas que convirten en negocio privado a sanidade pública son marcas da casa do PP que dende En Marea combatiremos porque é un dos piores fraudes que se poden levar a cabo dende unha administración pública.

NOVO EXEMPLO DE PORTA XIRATORIA CO NOMEAMENTO DE ROCIO MOSQUERA

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, pola súa banda denunciou tamén o nomeamento de Rocío Mosquera, ex conselleira de Sanidade, para a dirección da empresa pública Galaria, encargada de xestionar a alta tecnoloxía da Sanidade galega, “un novo exemplo práctico de portas xiratorias e desvíos de poder no eido da sanidade galega”. Cabe lembrar que o conflito pola xestión privatizadora do Novo Hospital de Vigo rematou co mandato de Mosquera, cesada como Conselleira logo dunha masiva manifestación na que a cidadanía de Vigo rexeitou a súa política sanitaria.

Eva Solla incidiu así mesmo en que os tratos de favor de Rocío Mosquera exemplificáronse tamén coa renovación do concerto co Hospital Povisa cun evidente conflito de intereses ao formar parte dos órganos directivos Do Hospital A nosa Señora da Esperanza, pertencente o grupo Povisa.

“A elección deste persoa, constitúe unha falta de respecto a cidadanía e á propia lexislación en materia de incompatibilidades non so polo trato de favor ás empresas privadas durante o seu mandato como Conselleira se non porque durante a súa carreira profesional veu ocupando varios postos de relevancia na xestión de empresas e hospitais privados que facturan grandes cantidades ao Servizo Galego de Saúde” denunciou Eva Solla.

Esta noticia, únese a xa publicada fai uns meses sobre a purga do Goberno de Feijóo aos xefes de servizo de varios hospitais que podían resultar incómodos para a execución das privatizacións levadas a cabo dende a súa chegada ao goberno, manifestando Xustiza, tanto en primeira instancia como no Tribunal de Xustiza de Galicia que eses ceses e as súas novas adxudicacións, estaban viciadas dun evidente desvío de poder, como foi o caso da praza que se entregou a Manuel Bustamante, marido da exconselleira de sanidade a Sra. Mosquera.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

nine + 18 =

X