En Marea pide a derogación da lei temporal de emprego público para que os traballadores recuperer o nível anterior á crise

Estás aquí: Inicio » En Marea pide a derogación da lei temporal de emprego público para que os traballadores recuperer o nível anterior á crise

En Marea pide a derogación da lei temporal de emprego público para que os traballadores recuperer o nível anterior á crise

Audio completo rolda de prensa: https://i.gal/VRhNO

Vídeo completo rolda de prensa: https://youtu.be/e79A9EeP-vs
 

Santiago, 28 de decembro de 2017.- En Marea pediu no Parlamento de Galicia a derogación da lei temporal do emprego público “para recuperar os níveis salariais anteriores á crise dos traballadores públicos” e tamén para poder “recuperar os 16.000 empregros públicos perdidos durante esta década de crise”. Eva Solla e Manuel Lago situaron esta petición dentro dos datos da economía que explican que hai unha recuperación da situación económica, pero “desde En Marea non podemos dicir que se teña saído da crise en canto esa melloría non alcance tamén aos traballadores, neste caso ao emprego público” segundo sinalou Manuel Lago.

O deputado por En Marea insistiu nunha das grandes liñas programáticas deste grupo: “na fase alcista do ciclo económico hai que recuperar os dereitos laborais perdidos durante a crise”. “Saír da crise só pode ser recuperar os dereitos roubados durante a xestión neoliberal da crise”. Para Lago “as traballdores e traballadores públicas de Galicia foron víctimas do austeridade compulsiva imposta pola troika”.

Os datos que xustifican a petición de derogación desta lei son que na actualidade “hai 16.000 empregos públicos menos en Galicia que antes da recesión,  e os salarios destas traballadoras e traballadores están reducidos en termos reais un 14% por baixo do nível anterior á crise”. Ademais disto, sinala Lago, “tamén teñen perdido dereitos laborais en termos de horas de xornada, vacacións e permisos”.

Para a deputada de En Marea e vicepresidenta do Parlamento de Galicia esta lei foi aplicada cun carácter “temporal” e respondía a unha situación económica que, segundo recoñece o propio goberno, “non se corresponde ca actual”. “En 2012, ao abeiro da crise-estafa, o goberno recortou os dereitos de traballadoras e traballadores públicas, cunha norma que deixaba sen efecto a negociación colectiva, deixando sen efecto os dereitos adquiridos dos traballadores”, sinalou Eva Solla.

“Estamos en 2017 e a norma non só non foi revisada senón que a Xunta mantén os recortes do emprego público e isto nos parece un insulto e por iso pedimos a derogación desta lei que consideramos lesiva para as traballadores e traballadoras para o conxunto da socidade galega”. A deputada explicou que esta norma afectaba a todas as galegas porque afectada de maneira moi directa aos servizos públicos que, “como se aprecia estes días nas urxencias están infradotados de personal”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

11 + eighteen =

X