Estás aquí: Inicio » En Marea pide a comparecencia de conselleiro de Presidencia pola desastrosa xestión do 112
Santiago, 20 de setembro de 2017.- En Marea impulsará a petición de comparecencia do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, pola desastrosa xestión na Axencia Galega de Emerxencias, tras coñecer a dimisión do xerente do 112, Juan José Muñoz Iglesias.
En Marea considera que o conselleiro debe explicar en sede parlamentaria a suma de problemas que o servizo de emerxencias está tendo en Galicia, desde a mala xestión do traslado das instalacións e os conseguintes erros na atención de urxencias, os conflitos abertos coa plantilla de traballadores ao que se suma a dimisión do xerente da Axencia Galega de Emerxencias.
Por esta continua mala xestión do un servizo chave en Galicia, En Marea solicita que o conselleiro dea explicacións no Parlamento e aclare cal é a situación na que se encontra o 112 en Galicia.