Estás aquí: Inicio » En Marea parabeniza ao pobo catalán pola vitoria da República contra o 155
En Marea quere felicitar ao pobo catalán polo seu civismo que en circunstancias moi difíciles, votou cunha alta participación deixando ben claro que a democracia sempre triunfa, subliñando o fracaso e a esterilidade do 155 e o fracaso e a esterilidade de Mariano Rajoy.
A represión lévanos ao pasado. A democracia, o dereito a decidir, amosan unha vez máis o camiño. Queremos, por tanto, parabenizar este éxito da república fronte ao 155 e ás forzas políticas defensoras do dereito a decidir, que co apoio marioritario recibido abren as portas a unha maioría parlamentar baseada nos valores republicanos, na radicalidade democrática, na xustiza social e nunha aposta decidida polo futuro do pobo catalán.