En Marea lamenta que a “estas alturas” a xunta non teña claro nin o modo de financiamento nin os prazos de execución das obras de conexión do porto exterior da Coruña

Estás aquí: Inicio » En Marea lamenta que a “estas alturas” a xunta non teña claro nin o modo de financiamento nin os prazos de execución das obras de conexión do porto exterior da Coruña

En Marea lamenta que a “estas alturas” a xunta non teña claro nin o modo de financiamento nin os prazos de execución das obras de conexión do porto exterior da Coruña

O que quedou claro na resposta do Director Xeral de Portos de Galicia ante a pregunta do viceportavoz de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, é que o Goberno galego non ten resposta algunha ante un tema tan importante para o porto exterior da Coruña e a propia cidade herculina como é a obra de conexión do porto exterior coruñés.

Nin prazos, nin dotación orzamentaria, nin fórmulas de financiamento, o que xunto con que non existan previsións de investimento no Plan 2017-2021 de Accesibilidade para dita obra, sume esta obra tan importante nunha enorme incertidume.

Na súa intervención o viceportavoz de En Marea entendeu que non pode licitarse sen ter aprobado o proxecto de trazado, pero salientou que a día de hoxe “nin a Autoridade Portuaria da Coruña nin Portos do Estado nin o Ministerio de Fomento teñen informado de como, quen e cando se vai a executar a obra”. O único que existe é o anuncio de que non se ía a financiar con cargo á Autoridade Portuaria pero nada se dio de se esta obra se ía a incluír na relación de proxectos de Fomento para o seu financiamento pola Unión Europea ou de cal era o volume de investimento que asumiría o Estado. “A realidade é que a data de hoxe a execución material da obra non está prevista en ningún documento ou plan de investimentos o que fai pensar que a pretensión de Portos e Fomento, xunto coa pasividade cómplice da Xunta, é que o proxecto de trazado se demore como se fixo coa DIA para retrasar a execución da obra” declarou Sánchez.

“Deixa en evidencia a falla de concreción ou información sobre como se vai financiar dita obra así como os prazos previstos para o proxecto construtivo e o estudio informativo. Uns trámites aínda pendentes despois de que se tardara nada máis e nada menos que cinco anos en tramitar a Declaración de impacto ambiental”, declarou Antón Sánchez

A conexión ferroviaria do Porto exterior é condición básica, urxente e fundamental para a viabilidade funcional, operativa e económica do porto exterior. “Un porto exterior sen conexión ferroviaria é unha eiva estrutural que tamén repercute na propia sostibilidade económico-financieira da Autoridade Portuaria da Coruña e condición para poder reverter a situación actual” asegurou Antón Sánchez. Pero tamén é fundamental para o futuro dos terreos portuarios da Coruña sobre os que a cidadanía coruñesa quere decidir sin hipotecas.

A loita da cidadanía e do Goberno local conqueriu vencer a vontade inicial da Autoridade Portuaria de privatizar o borde litoral coruñés, co apoio da Xunta de Galicia, exemplificado na votación de Beatriz Mato a prol da privatización dos terreos da Solaina.

Por todo isto, o grupo de En Marea esixirá respostas a todas estas cuestións a Portos do Estado e ao Ministerio de Fomento , e presionará para que se solventen canto antes estas dúbidas, e para non permitir que se retrase a execucción da obra como se fixo coa aprobación da DIA.

Considera urxente que se dote orzamentariamente, se inclúan os investimentos no Plan de Accesibilidae 2017-2021, se decidan e anuncien as fórmulas de financiamento, se anuncie o prazo para a aprobación do proxecto de construción da conexión co porto exterior e que se marquen prazos para a execución das obras.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

14 − 1 =

X