En Marea insta á Xunta a incluír unha partida suficiente nos orzamentos de 2018 que permita arranxar todas as deficiencias estruturais e materiais do centro de saúde de Mugardos

Estás aquí: Inicio » En Marea insta á Xunta a incluír unha partida suficiente nos orzamentos de 2018 que permita arranxar todas as deficiencias estruturais e materiais do centro de saúde de Mugardos

En Marea insta á Xunta a incluír unha partida suficiente nos orzamentos de 2018 que permita arranxar todas as deficiencias estruturais e materiais do centro de saúde de Mugardos

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, instou ao Conselleiro de Sanidade, Jesús Almuíña, na sesión plenaria de onte no Parlamento de Galicia a arranxar con urxencia as deficiencias estruturais e materiais do Centro de saúde de Mugardos para o que pediu que se incluíse unha partida suficiente nos orzamentos do vindeiro ano.

En cumprimento dos acordos do Pacto Local de 2006 para a cesión ao executivo da titularidade dos centros de saúde que se atopan en mans dos concellos, o concello de Mugardos levaba xa dende o ano 2013 con todos os trámites de xestión para a cesión realizados. Con todo, non foi ata este ano e despois de moitos requirimentos tanto por parte do goberno municipal como por parte da deputada de En Marea, Eva Solla, a través de iniciativas presentadas tanto nesta como na anterior lexislatura, que o executivo galego asumiu a titularidade do centro de saúde.

Dito centro, como denunciou Eva Solla na sesión plenaria na Cámara galega, amosa unhas deficiencias estruturais e materiais no edificio que precisan ser arranxadas con urxencia e que necesitan de partidas orzamentarias por parte da Xunta para levalas a cabo como a reparación da cuberta do edificio, deficiencias no sistema eléctrico, necesidade de instalación dun ascensor e obras para facer o edificio accesible así como reformar os baños da primeira planta, a reforma integral da planta baixa, entre outros problemas.

Por todo o anterior, o Grupo Parlamentario de En Marea preguntou ao Conselleiro de Sanidade cando tiñan pensado dotar dunha partida orzamentaria suficiente a este centro para poder levar acabo estas obras necesarias no menor tempo posible. O conselleiro pola súa banda respondeu dicindo que xa tiñan adxudicada a instalación do ascensor e o cambio da caldeira e pendente de adxudicar obras de reforma na planta baixa. Para En Marea estas adxudicacións non son suficientes xa que quedarían aínda pendentes obras moi importantes e urxentes por executar neste centro de saúde. Por este motivo insta á Xunta de Galicia a incluír nos orzamentos do vindeiro ano para dar resposta de unha vez por todas estas demandas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

nine + 3 =

X