En Marea insta a solucionar de xeito urxente a demanda de persoal en relación aos postos de enfermería, auxiliar e celador do Hospital Comarcal de Monforte

Estás aquí: Inicio » En Marea insta a solucionar de xeito urxente a demanda de persoal en relación aos postos de enfermería, auxiliar e celador do Hospital Comarcal de Monforte

En Marea insta a solucionar de xeito urxente a demanda de persoal en relación aos postos de enfermería, auxiliar e celador do Hospital Comarcal de Monforte

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2017.- O grupo de En Marea instou ao Goberno galego a solucionar de xeito urxente a demanda de persoal en relación aos postos de enfermería, auxiliar e celador do Hospital Comarcal de Monforte, ao tempo que se levan a cabo as reformas necesarias para adaptar o mobiliario do centro ás necesidades tanto do persoal como das usuarias e usuarios. A vicepresidenta de En Marea e deputada de En Marea, Eva Solla, na súa intervención lembrou o escrito á dirección do hospital por parte das traballadoras e traballadores onde solicitaban un aumento de persoal principalmente nestes departamentos.

En diversas ocasións denunciaron que ante os recortes de persoal, a carga de traballo que asimilan está a producir sobre esforzos coas consecuencias delesións, motivado principalmente polo envellecemento da poboación e pola creación de centros de persoas dependentes na área sanitaria á que presta Servizo o Hospital de Monforte. Ademais, a falta de persoal provoca unha saturación de traballo que obriga ás e os profesionais a antepoñer tarefas pola imposibilidade de atender a todas. Sinalan por exemplo, que non poden levantar pola mañá, a pacientes encamados, coa consecuencia de aparición de úlceras por presión.

Neste sentido, lembran que o envellecemento da poboación, provoca que moitas das persoas que atenden, sexan dependentes en canto a mobilidadee realización de actividades vitais, ao que tampouco axuda a falta de renovación da totalidade do mobiliario do hospital como poden ser os baños do mesmo.

Esta situación, que si ben é certo que se atopa agravada polo envellecemento da poboación da zona, responde a unha política de recortes dirixida polo goberno do Partido Popular e que repercute directamente na calidade e atención das persoas doentes e como nos dereitos laborais do persoal sanitario, como ben denuncian as traballadoras e traballadores do Hospital de Monforte e como destacou a deputada de En Marea, Eva Solla.

Por todo o anterior o Grupo Parlamentario de En Marea presentou unha proposición non de Lei na que se pide que a Xunta de Galicia:

  • Solucionar de xeito urxente a demanda de persoal en relación aos postos de enfermería, auxiliar e celador/a.
  • Levar a cabo as reformas necesarias para adaptar o mobiliario do hospital ás necesidades tanto do persoal como das usuarias e usuarios.

A proposta de En Marea non saiu adiante a consecuencia dos votos en contra do Partido Popular que unha vez máis opta por negar a realidade e seguir a atacar á sanidade pública do noso país e a cidadanía.

Garantir o servizo de pediatría no centro de saúde de chantada

A deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, defendeu a iniciativa do seu grupo para que se dote dun pediatra ao centro de saúde de Chantada que desenvolva as función relativas a este servizos durante os períodos de ausencia ou vacacións da titular e coa suficiente antelación para que en ningún intre quede sen cubrir. Así mesmo, rexeitar que se delegue a prestación do servizo nos profesionais Médicos de familia por constituír un parcheo na prestación dun servizo “imprescindible e insubstituíble”. E por último pediuse que se faga a extensiva esta proposta de acordo ao Concello de Carballedo, incluído e afectado igualmente por esta falla de servizos no Centro de saúde de Chantada.

A deputada Paula Vázquez Verao lembrou a perda nos últimos anos dunha praza de fisioterapia e de enfermería ao que hai que engadir que a consulta de matrona é só un día á semana. “Estamos pois, non só ante un problema concreto de falta de pediatras en Chantada senón tamén nun contexto xeral de perda de servizos na área sanitaria”declarou a deputada de En Marea.

O Centro de Saúde de Chantada ten unha praza de pediatría que atende amenores dos Concellos de Chantada e Carballedo, cuns 850 en idade pediátrica (ata 14 anos). A finais de xuño, o Centro de Saúde de Chantada quedou se atención pediátrica cando a médica de familia que ocupaba esta praza–substituíndo á profesional que se atopa de baixa – foi a outro destino e o SERGAS non cubriu a vacante. A primeira resposta do SERGAS foi que as urxencias pediátricas e as consultas se pasarían a atender polo resto do persoal médico do centro de Saúde e no Hospital de Monforte. Logo, que só atendería un profesional pediátrico unha vez á semana.

Ante isto, a poboación mobilizouse, creouse unha plataforma cidadá e recolléronse case 5.000 sinaturas, pasando o SERGAS a ofrecer o servizo dous días á semana, durante os meses de xullo e agosto, por parte dunha das profesionais de pediatría do Hospital de Monforte, solución que é insuficiente e que representa un parche, retirando horas de atención pediátrica de Monforte, onde tamén se atopa o servizo, moitas veces, saturado. Ademais, durante o verán, a tardanza en dar a vez para consulta foi superior ao habitual. Xa en setembro, lonxe de solucionarse o problema, hai unha nova profesional no Centro, pero só 3 días á semana.

Esta situación no Centro de Saúde de Chantada non é nova como sinalou Paula Vázquez Verao, pois sistematicamente non se cubrían as vacacións da pediatra titular da praza, deixando o centro sen servizo e adiando as revisións de control de idade. No pasado inverno, a finais de 2016, ante as queixas pola falta de praza de pediatría en Chantada por non cubrir as vacacións da titular da praza, a solución do SERGAS foi trasladar os casos de patoloxía aguda aos médicos de familia de cupo, “tendo como referencia para calquera dúbida”a Pediatría do Hospital de Monforte; no caso do seguimento do Programa do Neno San, adiouse ata a reincorporación da titular da praza no Centro de Saúde.

Con motivo desta estrutural non cobertura das vacacións da titular da praza depediatría, unha queixa ante a Valedora do Pobo motivou un expediente desta institución no que se sinalaba que, “é previsible que, como consecuencia do próximo remate da formación dos novos médicos residentes na especialidade de pediatría e a resolución do concurso de traslados que está a levar adiante o SERGAS, se poda ter unha relación de titulados de pediatría que permita dar cobertura máis inmediata a esta situación”. Ante estes feitos o grupo de En Marea considera imprescindible que a Consellería de Sanidade explique as previsións a este respecto.

O xerente da EOXI de Lugo – co cal se reuniu a Plataforma – afirmou nunha entrevista o 18 de setembro de 2017 que “se o 1 de outubro podemos, volveremos ter pediatra en Chantada todos os días”, de luns a venres. Esta mesma información foi trasladada polo Alcalde de Chantada no pleno ordinario de setembro, indicando que a praza pode ser cuberta non por unha profesional de pediatría, senón por médico de familia.

O grupo de En Marea entendía, pois, que a Proposición Non de Lei de En Marea pode ser apoiada por unanimidade e dar así respaldo ás reivindicacións xustas da Plataforma Chantada Quere Pediatría. Algo que non aconteceu aovotar o grupo do Partido Popular en contra da iniciativa presentada por En Marea. Consideran así mesmo fundamental que o xerente da EOXI contacte directamente coa Plataforma de nais e pais de Chantada para informar entempo real do estado da cobertura da praza de pediatría en Chantada.

Na súa proposición non de Lei o grupo de En Marea solicitaba:

1 – Garantir a estabilidade da praza de pediatría no centro de saúde deChantada, con consulta 5 días á semana.
2 – Deseñar un plan para garantir a medio e longo prazo a estabilidade das prazas de pediatría na Atención Primaria e Especializada da área sanitaria de Monforte, así como a cobertura das baixas das profesionais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

two × 2 =

X