En Marea insta ao Concello e a Xunta a solucionar de xeito inmediato o problema de mobilidade de Sarria coa colocación dun taboleiro na Ponte Ribeira

Estás aquí: Inicio » En Marea insta ao Concello e a Xunta a solucionar de xeito inmediato o problema de mobilidade de Sarria coa colocación dun taboleiro na Ponte Ribeira

En Marea insta ao Concello e a Xunta a solucionar de xeito inmediato o problema de mobilidade de Sarria coa colocación dun taboleiro na Ponte Ribeira

O voceiro de En Marea, Luís Villares, e a deputada Paula Vázquez Verao, e representantes da Marea de Sarria reclamaron unha solución inmediata para o importante problema de mobilidade que está a padecer a cidadanía ante o peche da Ponte Ribeira. Villares destacou que se trata dun lugar de paso de 180.000 peregrinos ao ano (e a lugar elixida polo 26 por cento para iniciar o Camiño de Santiago segundo datos do Obispado) que deixaron de pasar por esta ponte que foi cortada en maio de 2014. Denunciou ademais o un corte grave na mobilidade de Sarria xa que catro dos colexios públicos da vila están doutro lado do río cos consecuentes prexuízos para á veciñanza.

A cidadanía de Sarria está farta de esperar e reclama unha solución inmediata, unha solución que é posible xa que existe a posibilidade de colocar un taboleiro na ponte que restaure a mobilidade e recupere o camiño de Santiago. Unha opción posible, viable para a que existe orzamento e que unha vez con esta obra feita despois sería doado seguir pensando no proxecto definitivo para esta ponte que recupere integralmente todo o cauce fluvial, respecte os elementos patrimoniais da ponte e conxunto do Camiño de Santiago e tamén a mobilidade de Sarria.

Na xuntanza cos representantes da Marea de Sarria manifestouse así mesmo a oposición a opcións propostas polo Concello e Confederación Hidrográfica xa que esnaquiza o patrimonio, introducirá máis auga co risco de inundación na zona do malecón e porque ademais leva xa tres anos pechado. Supón máis risco de denuncias de asociacións e e particulares por danos ás propiedades e ao patrimonio. Trátase dun proxecto que non está adaptado ás novas leis de Patrimonio nin de solo e nunca estaría rematado antes de setembro de 2019.

Esiximos ao Concello como propietario da ponte que se mova xa que dispón dos cartos que puxo a súa disposición a Deputación provincial e a Xunta de Galicia que inste á Confederación hidrográfica ao remate integral de toda unha obra que estea adaptada a legalidade, respectuosa co medio ambiente e cos elementos patrimoniais. “Non é admisible que a Xunta de Galicia que é a encargada de tutelar un ben tan importante como o Camiño de Santiago e que vai a Fitur a presumir del, manteña despois cortado este paso que supón o paso necesario de 108.000 peregrinos o que provoca un importante dano de carácter patrimonial pero tamén económico xa que supón unha desviación da ruta que causa prexuízo aos comerciantes da zona” denunciou o voceiro de En Marea.

Por todo isto, desde En Marea esixen as administracións local e autonómica que dean solución de xeito urxente a este problema asegurando que “se hai vontade real en 3 meses podería estar solucionado o problema de mobilidade en Sarria”.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

20 + 7 =

X