En Marea fai un chamamento ao PP a abandonar o inmobilismo e chegar a un pacto Estado-Generalitat para arranxar a cuestión catalana

Estás aquí: Inicio » En Marea fai un chamamento ao PP a abandonar o inmobilismo e chegar a un pacto Estado-Generalitat para arranxar a cuestión catalana

En Marea fai un chamamento ao PP a abandonar o inmobilismo e chegar a un pacto Estado-Generalitat para arranxar a cuestión catalana

AUDIO ROLDA DE PRENSA, Luís Villares e Carmen Santos:

 

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017.- O voceiro de En Marea, Luís Villares, defendeu unha vez máis a necesidade de loitar pola democracia e polas liberdades públicas que a día de hoxe se están a ver recortadas por parte do Goberno do Estado e o PP que está a obstaculizar ambas no relativo a cuestión catalana. Para En Marea a solución pasa por pacto Estado-Generalitat que como sinalou o voceiro “aínda hai tempo para que se produza”.

Villares lembrou que desde o primeiro momento En Marea apostou por unha solución pactada que era posible constitucionalmente. “É o tempo pleno da política, non estamos ante un problema xurídico senón político e polo tanto precisa dunha solución política” declarou.

A viceportavoz de En Marea no Parlamento, Carmen Santos, denunciou pola súa banda o inmobilismo do Partido Popular que impide unha solución negociada ao conflito, cando o artigo 92 da propia Constitución permite un referendo consultivo sobre calquera tema político de transcendencia. “O PP está a demostrar unha actitude autoritaria, inmobilista e reaccionaria que converteu a cuestión catalana nun ataque á democracia que afecta a todo oEstado”.

“O partidismo incendiario e electoralista do PP está a atacar algo tan básico como son os dereitos e liberdades civís o que evidencia a súa incapacidade de dar resposta, sen autoritarismos, aos conflitos” afirmou Carmen Santos.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, pola súa banda incidiu na proposta de En Marea, defendida desde o inicio, e que pasa por unha solución dialogada e pactada. Así, explicou que o artigo 92 da Constitución Española recolle o referendo e encaixa perfectamente na situación actual sen necesidade de reforma de ningún tipo. Por este motivo, fixo un chamamento expreso ao PP a que se aveña a falar e buscar solucións políticas pactadas.

Así mesmo, denunciou o deterioro das liberdades públicas coa prohibición de actos que supoñen liberdade de expresión, reunión e manifesto de ideas ou secuestro de publicacións cuestiona o sistema de liberdades públicas, un ataque que ten ao PP como responsable. “Facemos un chamamento á cordura e a serenidade” remarcou. O PP está aproveitando a situación para recortar tamén dereitos fundamentais como a liberdade de expresión e manifestación, incorrendo tamén inxustificadamente na censura previa mediante o secuestro de carteis.

Só unha resposta democrática, a través da realización dun referendo acordado coa Generalitat e reposición de todo os dereitos e liberdades públicas que se están a recortar neste momento foi o camiño sinalado por En Marea para acabar co conflito actual.

“E momento da democracia, da liberdade de expresión. Isto é a democracia, isto é a política. Non temos un problema que se soluciona co Código Penal senón coa palabra” asegurou o voceiro de En Marea. A solución é acordar un referendo nos termos do art. 92 Constitución Española e a restitución das liberdades recortadas de expresión e manifestación. unha solución constitucional que agora non se quere empregar, porque “ao PP lle interesa despregar unha bandeira ben grande que cubra a corrupción e enmascarar a precariedade da situación laboral”.

Luís Villares fixo un chamamento tamén ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para que “abandone a súa posición inmobilista e deixe de criminalizar a aqueles que non pensan coma el”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 × five =

X