En Marea esíxelle á Xunta que garanta o mantemento de 400 postos de traballo do Banco Popular que perigan trala compra do Santander

Estás aquí: Inicio » En Marea esíxelle á Xunta que garanta o mantemento de 400 postos de traballo do Banco Popular que perigan trala compra do Santander

En Marea esíxelle á Xunta que garanta o mantemento de 400 postos de traballo do Banco Popular que perigan trala compra do Santander

Manuel Lago: “O Goberno de Feijóo segue deixando orfos aos traballadores do Popular, actuando como mero espectador da liquidación do banco”

O axuste e integración dos servizos cetrais do Banco Santander e o Banco Popular Pastor suporá a perda de preto de 400 postos de traballo en Galicia. Por unha parte a supresión dos servizos centrais do Banco Popular Pastor na Coruña, supón a eliminación de 200 postos de traballo en Bergondo e a Coruña, ademais dos outros 200 postos de traballo en risco pertencentes a Universal Support, que presta servizos de apoio ao Banco Popular Pastor , e que rematan a prórroga do contrato en Novembro.

En Marea vén de rexistrar no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei e máis unha pregunta dirixida ao goberno galego de cara a manter os postos de Traballo do Banco Popular-Pastor en Galicia. “Esta decisión do Banco Santander, supón unha terrible noticia para o emprego en Galicia e anticipa o que pode pasar coa rede comercial do Banco Popular Pastor no país, a pesar dos supostos compromisos de mantemento da marca, estamos ante a liquidación definitiva do traballo que o Banco Popular Pastor mantiña en Galicia”, denuncia o promotor da inicitiva, o deputado Manuel Lago Peñas.

Para En Marea a rede comercial será a seguinte que sufra os axustes de emprego, que o Santander irá realizando de forma que non lle afecte á marca nin conleve perda de clientes. “A Xunta anunciou no seu día a intención de negociar co Banco Santander o mantemento da marca e do emprego, pero unha vez mais este goberno está deixando orfos aos traballadores e amósase incapaz de realizar ningún tipo de acción que permita a permanencia dos empregos en Galicia”.

O parlamentario de En Marea esixe unha actuación inmediata por parte da Xunta deixando de comportarse “como un mero espectador da liquidación do banco e o seu emprego como fixo outra veces, e instando ao Goberno galego a liderar a negociación co Santander para manter o nivel de emprego na nosa comunidade”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 × 3 =

X