En Marea esixe á Xunta que acabe de xeito urxente coas graves deficiencias do centro de saúde de As Pontes

Estás aquí: Inicio » En Marea esixe á Xunta que acabe de xeito urxente coas graves deficiencias do centro de saúde de As Pontes

En Marea esixe á Xunta que acabe de xeito urxente coas graves deficiencias do centro de saúde de As Pontes

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, mantivo unha xuntanza cos concelleiros de Xunt@s por As Pontes, Maria Chao e Alberto Pellón, para falar das deficiencias e necesidades do centro de saúde de As Pontes. Na rolda de prensa posterior á esta xuntanza denunciouse o alarmante nivel de deterioro deste centro e a situación intolerable que se está a producir. Incremento das listas de agarda, falla de reposición de baixas e vacacións do persoal, deficiencias na atención a domicilio, falla de medios técnicos precisos para garantir unha correcta atención ou as graves humidades son algunhas das cuestións denunciadas por En Marea e Xuntos por As Pontes.

Esta denuncia foi xa presentada polo grupo municipal de Xunt@s por As Pontes no pleno do Concello obtendo como resposta por parte do Goberno municipal que falaría con Conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, para lle trasladar o problema pero nada se sabe desta xestión prometida polo goberno local. Unha situación que provocou xa a mobilización dos veciños e veciñas que reclaman unha solución urxente para a situación do centro de saúde.

A deputada de En Marea, Eva Solla, pola súa banda asegurou que “non é de recibo” que non se estean a cubrir as vacacións e baixas dos profesionais médicos o que provocou situacións intolerables como as vividas o pasado verán con listas de agarda de ata 20 días para unha consulta ordinaria. Pero tamén destacou outras deficiencias das instalacións que presenta humidades que a Xunta comprometeuse a arranxar pero a realidade é que a día de hoxe nada se sabe e non existe ningunha partida nos Orzamentos para esta obra. Mentres tanto os usuarios e usuarias e o persoal do centro ten que continuar a padecer as importantes goteiras que se suceden nos días de choiva en distintas zonas do centro.

Outra das reivindicacións históricas subliñadas por Eva Solla foi a referida á necesidade de dotar ao centro dunha máquina de raios X que evite os continuos desprazamentos as urxencias de Ferrol e a lista de agarda nas consultas.

O centro de día foi outro dos temas tratados na xuntanza que como explicaron “incomprensiblemente” están sen cubrir todas as prazas pese a existir lista de agarda. A deputada de En Marea anunciou que preguntará tamén no Parlamento de Galicia por esta cuestión co fin de saber porque se está a dar esta contradición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

seventeen − 16 =

X