En Marea esixe que se cubran todas as baixas de persoal previstas no Plan Industrial de Navantia para Fene e Ferrol

Estás aquí: Inicio » En Marea esixe que se cubran todas as baixas de persoal previstas no Plan Industrial de Navantia para Fene e Ferrol

En Marea esixe que se cubran todas as baixas de persoal previstas no Plan Industrial de Navantia para Fene e Ferrol

Trala aprobación no Congreso o pasado mes de abril e a instancia de En Marea dun Plan Industrial que garantise o futuro de Navantia, o grupo parlamentario na Cámara galega defendeu hoxe a esixencia á dirección da SEPI e de Navantia que todas as saídas de persoal previstas sexan cubertas.

O promotor da iniciativa, o deputado Franscico Casal, tamén reclamou durante a súa intervención na Comisión de Industria que a planificación da nova cobertura de prazas permita unha transferencia de coñecemento nos estaleiros galegos. “Este Plan Industrial debería definir a carga de traballo, ampliando a oferta para a construción de buques do sector civil e desenvolvendo novas actividades con tecnoloxía propia, como as enerxías renovables”.

Tamén se solicitou un plan financeiro para garantir os recursos necesarios de cara a manter a actividade, incluíndo un plan de investimentos en I+D. Asimesmo, neste acordo esixíase un plan laboral que asumise a necesaria substitución xeracional no persoal, adaptándoo ás novas necesidades do asteleiro 4.0 e que se regulase e se fidelizara a industria auxiliar, incluindo en moitos casos a incorporación á plantilla fixa de Navantia de moitos deses traballadores.

Pese que tanto a parte social como a empresarial defenden a aplicación do plan, e ata coinciden nos principais alicerces sobre os que debe sustentarse, as conversacións para o desenvolvemento do programa continúan sen arrincar”, denunciou Casal, que tamén lembrou que “a día de hoxe a situación segue a ser a mesma, e non se adoptaron as medidas necesarias para iniciar as negociacións entre o Goberno, a empresa e as e os representantes legais dos traballadores para a implementación do citado plan industrial.”

Para En Marea “nos últimos anos as políticas levadas a cabo polo PP están a provocar o afogamento do sector público industrial, acrecentado pola falta de partidas necesarias nas sucesivas Leis Xerais de Orzamentos dende o ano 2012”. Ademais, “nas últimas semanas filtrouse a noticia e que o Plan Industrial de Navantia implicará a saída de 570 traballadores en Ferrol, algo que só se evitará presentando en paralelo as estratrexias de contratación de novo persoal adaptado ás novas tecnoloxías que deberán ser implantadas no Estaleiro 4.0 e facelo coa marxe de tempo suficiente para posibilitar a transferencia de coñecemento profesional e tecnolóxico dos técnicos e profesionais máis veteranos, chamados a abandonar a actividade por xubilación nos próximos anos, ás novas e novos enxeñeiros e técnicas e técnicos de todo tipo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three × one =

X