En Marea esixe ao Goberno galego que revoque a autorización para o proxecto eólico Pena Forcada-Catasol II de Laxe

Estás aquí: Inicio » En Marea esixe ao Goberno galego que revoque a autorización para o proxecto eólico Pena Forcada-Catasol II de Laxe

En Marea esixe ao Goberno galego que revoque a autorización para o proxecto eólico Pena Forcada-Catasol II de Laxe

A Xunta de Galicia ven de declarar o interese especial do proxecto eólico Pena Forcada –Catasol II de Laxe, o pasado 21 de decembro autorizando o mesmo ao día seguinte, empregando así de forma precipitada a recen estreada Lei de depredación de Galicia. Esta actuación amosa que o grupo parlamentario de En Marea estaba no certo ao denunciar que o obxectivo real desta norma é evitar tramites de garantía medioambiental e de transparencia pública as grandes empresas que pretendes espoliar o país.

Esta tramitación obvia tamén a fragmentación en varios expedientes administrativos do que en realidade supón un único proxecto industrial , o parque eólico de Mouriños”. Feito este sobre o que aínda debe pronunciarse a Unión Europea.

A maiores esta declaración tal como denuncian os colectivos ecoloxistas e cidadáns da comarca, foi realizada nun momento procedimental inadecuado, xa que esta debería terse realizado nun momento temperán da tramitación, para que a cidadanía tivese coñecemento dos elementos concretos do expediente e polo tanto puidesen analizar e no seu caso alegar ou contrapoñer os argumentos achegados pola empresa e o órgano que procedeu a súa autorización .

Esta actitude da Xunta é absolutamente oscurantista , ata o punto de impedir incluso acceder aso informes de impacto dos proxectos, que foron eliminados do trámite de información pública. Estase a provocar indefensión a cidadanía ante a eliminación da información pública necesaria e os argumentos da Consellería que deberan ser recollidos nas memorias oportunas para poder coñecer os supostos beneficios e incidencias dos proxectos nos ámbitos industrias, económicos, sociais, territoriais e incluso de emprego.

Todas estas actuacións foron denunciadas por varios colectivos da zona nun comunicado público que dende o noso grupo compartimos en tódolos seus termos. Por todo isto, o grupo de En Marea presentou unha proposición non de Lei no parlamento para o seu debate no pleno da Cámara para instar á Xunta a revocar a autorización do Proxecto Pena Foracada-Catasol II na localidade de Laxe.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

three × 3 =

X