En Marea denuncia que o PP comete un fraude ao vetar a iniciativa que pide a transferencia da AP-9

Estás aquí: Inicio » En Marea denuncia que o PP comete un fraude ao vetar a iniciativa que pide a transferencia da AP-9

En Marea denuncia que o PP comete un fraude ao vetar a iniciativa que pide a transferencia da AP-9

O voceiro de En Marea, Luis Villares, e a voceira no Congreso, Yolanda Díaz, denunciaron este lunes no Parlamento a “incompetencia” de Feijóo e o “fraude” que están a cometer no Partido Popular ao vetar a iniciativa aprobada por unanimidade no Parlamento galego que pide a transferencia da AP-9.

“En Marea foi clara denunciando o fraude do PP e a vulneración do texto constitucional no que ten que ver coa separación de poderes, e explicitamos que este veto violenta o artigo 134.6 da Constitución”, sinalou Díaz.

Pola súa banda, Villares asegurou que “o PP é o responsable do veto e o PSOE renunciou a facer as accións de reconsideración, pero En Marea si cumprirá con Galicia”.

Mañá irá á Mesa do Congreso o recurso de reconsideración que presentou En Marea ante o veto do Goberno, pero previsiblemente “a política búnker do PP e Ciudadanos voltará vetar esta iniciativa, incumprindo a lei porque non se pide un incremento orzamentario”.

Díaz explicou que a reconsideración de En Marea foi apoiada por unha maioría da Xunta de Voceiros, pero na Mesa do Congreso o PP e Ciudadanos suman maioría absoluta e poden bloqueala.

“O traspaso da AP-9 foi aprobado por todo o Parlamento galego. A pesar da maioría absoluta, Feijóo foi incapaz de influir no seu propio partido para que esta iniciativa saíse adiante. Agora temos nós que facer o que non fixo o PP estando no Goberno”, asegurou Villares.

Ambos voceiros concordaron en que o que se vai producir mañá “ten unha gran relevancia para o noso país, será unha vulneración da soberanía galega”.

“Estaremos ante un novo veto nesta corta lexislatura, marcando un récord na historia recente da democracia”.

Villares e Díaz defenderon que En Marea actúa “con coherencia”.

“Estamos defendendo o mesmo que se votou no Parlamento. O PP vota unha cousa en Galicia e outra en Madrid”, afirmou Villares.

O voceiro de En Marea concluíu decindo que “a incompetencia de Feijóo é a que nos trouxo a esta situación. A súa incapacidade e irrelevancia política dentro do PP é lesiva para os intereses de Galicia e o ben común”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

5 × five =

X