En Marea denuncia que os orzamentos da Xunta de Galicia lonxe de dar solucións ao monte galego continúa a defender o negocio de Ence e as grandes empresas

Estás aquí: Inicio » En Marea denuncia que os orzamentos da Xunta de Galicia lonxe de dar solucións ao monte galego continúa a defender o negocio de Ence e as grandes empresas

En Marea denuncia que os orzamentos da Xunta de Galicia lonxe de dar solucións ao monte galego continúa a defender o negocio de Ence e as grandes empresas

En Marea achegouse a Rianxo para denunciar xunto co voceiro Rianxo en Común, Antón Castro, a redución de partidas destinadas á prevención e política forestal que impidan o abandono do rural e polo tanto reduzan o risco de incendio. A deputada de En Marea, Paula Quinteiro, centrou a súa intervención nos orzamentos da Xunta 2018 nas que salientou redúcense as partidas para prevención así como as destinadas aos Concellos que quedan conxeladas impedindo que conten cos recurso suficientes para loitar contra o lume. Pero partidas tan importantes para impedir o abandono e deterioro do monte como son as de dinamización do medio rural son igualmente reducidas.

“Precisamos outro modelo forestal e ordenación do territorio, precisamos outros orzamentos que recollan as necesidades reais de Galicia e que o Goberno galego abandone a súa táctica de publicidade e propaganda e asuma as responsabilidades políticas” afirmou Paula Quinteiro.

O vicevoceiro de En Marea no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez, lamentou que o PP tente enganar cando quedou en evidencia o seu fracaso absoluto. Fracaso tamén nas políticas do territorio que contribuíron ao desorde territorial e nas políticas do monte. “O único que puideron facer foi poñer en marcha unha vergoñenta campaña de publicidade pagada con fondos públicos. Se Feijóo fora un político digno dimitiría pero non o é” declarou Sánchez.

O vicevoceiro denunciou a modificación na Lei 7/2012 do 28 de xuño de Montes de Galicia, artigo 122 sobre Sociedades de Fomento Forestal, relativo a unha das propostas estrela do Goberno Feijóo como foron as SOFOR que aseguraban sería a garantía para que o monte galego tan fraccionado puidérase xestionar conxuntamente o territorio. En oito anos constituíronse cinco SOFOR con 500 hectáreas o que demostra “un fracaso evidente que non se pode esconder”. Fronte a isto, en lugar de buscar medidas realistas e adecuadas o que fan é incluír modificacións para facilitar que o capital privado de empresas como ENCE poderá entrar máis facilmente.

O PP introduce ademais cláusulas que permitan que un único propietario forme unha SOFOR que é para xestión conxunta e agora ademais pode constituíla calquera tipo de sociedade. Antón Sánchez denuncio a modificación da 13/1989 do 10 de outubro de Montes veciñais en man común, artigos 28,29 e 30 para axilizar a declaración de monte abandonado para que pasen ao Banco de terras no que despois empresas como ENCE poden entrar e reclamalas para facer explotacións forestais seguindo a súa política de facer deste país un monocultivo de especies de crecemento rápido que crean pouco emprego e pouca riqueza. Continúan a traballar para os intereses de catro empresa e contra o interese público como denunciou En Marea.

“É Ence quen está a facer a política foresta do noso país” asegurou Antón Sánchez que lamentou que “que nos estea a gobernar unha pequena oligarquía que considera que o territorio galego é libre para explotalo” concluíu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

7 + 13 =

X