En Marea denuncia que o decreto do Goberno para fixar o prazo máximo para consultas e probas sanitarias suporá na practica facilitar o traspaso da pública á privada

Estás aquí: Inicio » En Marea denuncia que o decreto do Goberno para fixar o prazo máximo para consultas e probas sanitarias suporá na practica facilitar o traspaso da pública á privada

En Marea denuncia que o decreto do Goberno para fixar o prazo máximo para consultas e probas sanitarias suporá na practica facilitar o traspaso da pública á privada

Audio Eva Solla:

 

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017.- En Marea denuncia o novo ataque do Goberno galego ao sistema sanitario público do noso país co decreto polo que se fixa o prazo de consultas e probas de doenzas graves en menos de 45 días que na realidade o que suporá será afondar aínda máis na privatización que xa iniciou o PP coa aprobación da Lei de garantías de prestacións sanitarias de 2013. “É un ataque máis á sanidade pública que vai supor un chanzo máis na destrución que sufre desde que o PP asumiu o Goberno galego hai 3 lexislaturas ̈ afirmou a vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla.

Eva Solla explicou que o que se está facer é facilitar o traspaso da pública á privada, xustamente nun momento no que se está a recortar na sanidade pública. “Estamos a ver como ano tras ano se recorta en servizos e especialidades, como se manteñen camas pechadas nos hospitais, e listas de agarda con probas como os TAC cunhas listas de espera intolerables que a falla de persoal fai imposible rebaixar ante a imposibilidade de realizar estas probas” salientou.

A deputada de En Marea volveu a solicitar as listas de agarda non estrutural que o grupo de En Marea solicitou xa ao inicio da lexislatura e a Xunta de Galicia continúa sen facilitar e que segundo calculan as diferentes plataformas sanitarias podería triplicar as listas de agarda oficiais.

“Entendemos que o que vai facer o PP con este decreto que é continuidade da Lei de prestacións de garantías sanitarias, vai ser que os doentes máis rendibles economicamente par a sanidade privada vaian a ser operados alí e pagalo con diñeiro público” declarou Eva Solla.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

15 − ten =

X