En Marea cualifica de “decepcionante e impropio” o discurso de Feijóo no debate do estado da Nación

Estás aquí: Inicio » En Marea cualifica de “decepcionante e impropio” o discurso de Feijóo no debate do estado da Nación

En Marea cualifica de “decepcionante e impropio” o discurso de Feijóo no debate do estado da Nación

O voceiro Luís Villares lamentou que botara man da situación de Cataluña para obviar cuestións fundamentais para o noso país como o desemprego, mocidade, propostas de futuro, e aínda máis grave “nin unha soa referencia á violencia de xénero” pese a ser Galicia a comunidade autónoma con maior número de feminicidios este ano 

O voceiro de En Marea, Luís Villares, cualificou de “decepcionante e impropio para os tempos nos que vivimos” o discurso do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no debate do estado da nación. Unha intervención dun “presidente que veu a presentar un balance dun ano de goberno que se parecía máis ben a unha película de debuxos animados” asegurou Villares.

O voceiro de En Marea lamentou que Feijóo fuxira de falar dos problemas de Galicia botando man da situación de Cataluña e deixando a un lado cuestións reais que afectan diariamente á xente do noso país. “Feijóo obviou os problemas máis importantes que temos neste momento” denunciou Villares que asegurou “esqueceu completamente de falar de todas as persoas que deixou tiradas durante a crise económica e que agora que segundo din estamos na época da recuperación non hai ningunha referencia nin rescate para estas persoas que quedaron atrás”.

Villares salientou a falla de proposta en materia de emprego e loita contra a precariedade laboral, así como a falla de propostas en materia de mocidade, “sobre todo daquela que está emigrada”.

Especial grave foi a nula referencia no discurso do presidente da Xunta de Galicia á violencia de xénero algo que o voceiro de En Marea considerou “intolerable con todo o que queda por facer e sendo Galicia a comunidade autónoma con maior número de feminicidios este ano”.

Villares remarcou tamén a ausencia de propostas ou plans de futuro no discurso de Núñez Feijóo. “Esta película de debuxos animados de Feijóo que ten un final feliz porque obvia totalmente a realidade que está a vivir a maior parte da poboación do noso pais” concluíu o voceiro de En Marea.

DISCURSO DE FELIPE VI:  “IMPRUDENTE E DESAFORTUNADO”

En resposta a preguntas dos xornalistas, Luís Villares valorou o discurso de Felipe VI que asegurou foi “imprudente e desafortunado”. Imprudente nas formas como explicou referíndose a posta en escena que considerou “absolutamente agresiva e que non respectou a súa función constitucional”. Pero sobre todo no fondo asegurou, xa que “unha persoa que non se presentou a ningún proceso de eleccións ven a dar leccións de democracia a unha xente que forma parte do Estado español que o único que reclama é máis democracia”.

Para o voceiro de En Marea o discurso de Felipe VI tampouco conseguiu abrir espazos de diálogo para resolver os problemas políticos actuais e polo tanto “situouse fora da solución dos problemas para se converter nun problema máis para a solución dun conflito político que ten orixe nun problema democrático e polo tanto esixe unha solución igualmente democrática”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

seven + four =

X