En Marea critica o novo veto da Mesa do Congreso ao debate da transferencia da AP9 e lamenta que o Goberno de Núñez Feijóo continúe a calar mentres desprezan ao Parlamento galego e polo tanto ao noso país

Estás aquí: Inicio » En Marea critica o novo veto da Mesa do Congreso ao debate da transferencia da AP9 e lamenta que o Goberno de Núñez Feijóo continúe a calar mentres desprezan ao Parlamento galego e polo tanto ao noso país

En Marea critica o novo veto da Mesa do Congreso ao debate da transferencia da AP9 e lamenta que o Goberno de Núñez Feijóo continúe a calar mentres desprezan ao Parlamento galego e polo tanto ao noso país

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017.- A Mesa do Congreso ven de vetar unha vez máis o debate da iniciativa acordada por unanimidade no Parlamento de Galicia para instar á transferencia da AP9. Con esta decisión o Goberno estatal volta a desprezar ao Parlamento de Galicia con argumentos “mentireiros, falsos e manipuladores”

“Unha vez máis Núñez Feijóo e o seu goberno quedan como obedientes servidores do goberno do Estado e non actúan como gobernantes dun país calando ante esta aldraxe” afirmou Sánchez que cualificou de “proceder antidemocrático e sen escrúpulos” a actuación deste Goberno central “desprezando o diferente”.

O voceiro de En Marea interpelou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, para que dunha vez por todas abandone a súa postura servil. “Feijóo ou é cómplice ou é que non ten peso ningún para ser Presidente da Xunta de Galicia e defender os intereses do noso país” asegurou. “Unha vergoña máis dun Goberno que segue a actuar como unha delegación do Goberno do Estado e non Goberno galego” concluíu o vicevoceiro de En Marea no Parlamento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 × 5 =

X