En Marea considera que a Xunta está baleirando de funcións o corpo de axentes medioambientais

Estás aquí: Inicio » En Marea considera que a Xunta está baleirando de funcións o corpo de axentes medioambientais

En Marea considera que a Xunta está baleirando de funcións o corpo de axentes medioambientais

O deputado Davide Rodríguez formula unha pregunta no Parlamento sobre as funcións que deberían exercer e non poden a causa das directrices da Consellería de Medio Ambiente

En Marea quere saber os motivos polos que a Consellería de Medio Ambiente está a ocultar e dificultar as importantes labores de protección e conservación que fan os axentes medioambientais dependentes da admnistración autonómica. O colectivo quéixase de que a Xunta está deixando o corpo practicamente sen funcións, malia teren encomendadas, entre outros cometidos, a de vixilancia e custodia do patrimonio natural e a de policía xudicial, actuando como auxiliares de xuíces, tribunais e do Ministerio Fiscal.

Procedentes do Cuerpo Especial de Guardería Forestal del Estado e do Servicio Nacional de Caza, Pesca y Parques Nacionales dependentes no seu día do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, coa creación das Comunidades Autónomas, e como consecuencia da transferencia das competencias de Medio Ambiente ás mesmas, ditos corpos estatais disgréganse en 17 corpos distintos.

Na actualidade o Corpo de Axentes Medioambientais está formado por uns 540 Axentes, dos cales uns 380 están adscritos á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, dependente da Consellería de Medio Rural. O resto, uns 160 axentes, atópanse adscritos á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

En Marea insta á consellería de Medio Ambiente a manter unha xuntanza co colectivo á maior brevidade para atender as súas demandas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

twenty − three =

X