En Marea considera “indignante” que o PP impida a comparecencia de Feijóo para falar dos lumes no vindeiro pleno “buscando unicamente o beneficio partidista”

Estás aquí: Inicio » En Marea considera “indignante” que o PP impida a comparecencia de Feijóo para falar dos lumes no vindeiro pleno “buscando unicamente o beneficio partidista”

En Marea considera “indignante” que o PP impida a comparecencia de Feijóo para falar dos lumes no vindeiro pleno “buscando unicamente o beneficio partidista”

O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, considerou “indignante” que o grupo do Partido Popular impedise a comparecencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, solicitada por todos os grupos da oposición para falar da situación de emerxencia vivida no noso país nos últimos días polo lume. “É indignante que o PP busque unicamente o seu beneficio partidista” denunciou. Sánchez tachar de “escusa” do voceiro do PP, Pedro Puy, que para xustificar a negativa a aceptar esta petición dicindo que era preciso ter toda a información antes. “A conselleira de Medio Rural dixo no último pleno que o cen por cen foran provocados. Que probas ten?. O mínimo que deberíamos pedir ao goberno galego é un pouco de rigor e dignidade. Esas arroutadas non se poden permitir” salientou Antón Sánchez. O único que está a facer o PP segundo afirmou o vicevoceiro de En Marea é “unha campaña campaña publicitaria deshonesta para desviar atención das verdadeiras causas do lume”.

A realidade deixa en evidencia a incapacidade do Goberno galego, a descoordinación e a falla de previsión. Sánchez lamentou ademais a nula autocrítica e propósito de emenda por parte da Xunta. “Para Feijóo todo estivo ben entón que pasou para que ardesen 35.000 hectáreas e morreran catro persoas” criticou o vicevoceiro de En Marea. “O Goberno galego ten responsabilidade directa na situación vivida os pasados días e é intolerable que non se asuman responsabilidades políticas e opten por xogar cos tempos en beneficio do PP“ declarou Sánchez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

5 + 5 =

X