En Marea considera inadmisible as ameazas da Subdelegación do goberno en Lugo contra as manifestacións da Plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña

Estás aquí: Inicio » En Marea considera inadmisible as ameazas da Subdelegación do goberno en Lugo contra as manifestacións da Plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña

En Marea considera inadmisible as ameazas da Subdelegación do goberno en Lugo contra as manifestacións da Plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña

Lugo, 20 de setembro de 2017.- A ameaza da Subdelegación do goberno de Lugo de “identificar” aos manifestantes en contra do novo plan sanitario da Xunta de Galicia é “inadmisible” para En Marea, unha demostración máis da política autoritaria do PP e de como o goberno de Feijóo utiliza as institucións en beneficio dos seus intereses.

A comunicación da Subdelegación do goberno pretende disuadir á cidadanía da Mariña de que participe nas manifestacións e concentración convocadas pola Plataforma na defensa da sanidade pública da Mariña, advertíndolles de que serán “identificados”, convertendo o dereito cívico da manifestación nunha especie de delicto co fin de evitar que nas mobilizacións sexa evidente o rexeitamento da cidadanía cara a un plan sanitario que limita os servizos para poboacións como as da costa lucense e que suporña, na práctica, unha asistencia sanitaria de peor calidade para as veciñas da Mariña.

En Marea denuncia a actitude autoritaria do PP que, ademais, utiliza os servizos públicos para manexar politicamente os seus intereses sen debater coa cidadanía e cos sectores profesionais as necesidades. En lugar de falarcoa cidadanía e o sector profesional, o PP prefire ameazar coa represión policial como o partido autoritario que é, preferindo a represión á democracia.

Desde En Marea queremos protestar firmemente e animar á cidadanía a reclamar os servizos sanitarios e os dereitos cívicos e a non deixarse levar das ameazas do PP.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

two × three =

X