En Marea asegura que o acordo de cotas acadado en Bruxelas supón un “novo ataque” á frota artesanal galega

Estás aquí: Inicio » En Marea asegura que o acordo de cotas acadado en Bruxelas supón un “novo ataque” á frota artesanal galega

En Marea asegura que o acordo de cotas acadado en Bruxelas supón un “novo ataque” á frota artesanal galega

O grupo parlamentario de En Marea considera inaceptable o acordo de cotas acadado en Bruxelas que “demostra unha vez mais a nula capacidade negociadora e de presión da consellería de pesca de Galicia”. “Estamos ante un novo ataque á frota artesanal, a mais afectada polos recortes de cota, sobre todo nas rías baixas, que continúa na liña de ataques contra a un segmento de frota que o Goberno pretende expulsar do noso mar” asegurou a vicevoceira no Parlamento e responsable de Pesca, Carmen Santos.

Desde o grupo parlamentario reclaman máxima transparencia sobre o acontecido en Bruxelas, e firmeza na presión durante a negociación no reparto interior das cotas co goberno do Estado. As deputadas e deputados de En Marea consideran que estamos ante “un auténtico proceso de reconversión que afecta sobre todos as nosas frotas de baixura, ao cerco e a frota artesanal”. Por este motivo, esixen cambios nos mecanismos de representación dos intereses da nosa frota perante as autoridades europeas.

O resultado destas negociacións demostra a necesidade de implantar mecanismos de negociación que primen o número de postos de traballo creados por tonelada descargada de forma que se prime o emprego fronte o beneficio empresarial.

Dende en Marea lamentan ademais as declaración de Conselleira que asume como unha vitoria o que en realidade é un novo recorte nas capacidades de pesca de Galicia, utilizando o vello truco de amosar como un logro unha mellora sobre a proposta inicial, que xa foi presentada polas autoridades de forma moi restritiva, para poder vender calquera mellora sobre esa posición inicial que coñecían irreal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

one × 2 =

X