Marcos Cal lamenta a pésima xestión da Xunta coa EDAR de Ribeira diante un problema grave para a saúde pública.

Estás aquí: Inicio » Marcos Cal lamenta a pésima xestión da Xunta coa EDAR de Ribeira diante un problema grave para a saúde pública.

Marcos Cal lamenta a pésima xestión da Xunta coa EDAR de Ribeira diante un problema grave para a saúde pública.

En Marea volve preguntar en comisión parlamentaria cando se van resolver os problemas da obra, que xa superou o periodo de proba de 18 meses.

En Marea volve trasladar ao Parlamento “a intolerable situación na que se atopa a veciñanza afectada polo mal funcionamento da EDAR de Ribeira, un ano e medio despois da súa posta en marcha, con verquidos incontrolados e emanación de gases que afectan a centos de persoas”. O deputado Marcos Cal instou ao director de Augas de Galicia a resolver canto antes os problemas derivados de defectos na obra e dar información transparente á veciñanza afectada.

“Nunca se deu unha resposta clara dos riscos para a saúde pública e para o medio ambiente”, denunciou Cal que lembrou que “xa hai tres persoas con dictames médicos por afeccións respiratorias relacionadas con estes gases.” Ademais, o parlamentario de En Marea preguntou por un verquido producido este domingo “que durante catro horas estivo liberando residuos fecais ao mar e a terreos privados sen ningún tipo de xustificación”.

O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, responsabilizou á empresa concesionaria ACUAES e tras recoñecer que os problemas están despois de ano medio aínda sen resolver avanzou que a Xunta non recepcionará a obra ata que se solucionen os problemas”.

Marcos Cal tamén instou á Xunta a trasladar canto antes á veciñanza os resultados das últimas mostras recollidas por Augas de Galicia. “Ten dereito a saber o que están respirando e as posibles consecuencias”, concluíu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

fourteen − 10 =

X