Luís Villares: “A pelexa de galos entre De la Serna e Feijóo vaille costar aos galegos un 3,8 por cento máis nas peaxes da AP9”

Estás aquí: Inicio » Luís Villares: “A pelexa de galos entre De la Serna e Feijóo vaille costar aos galegos un 3,8 por cento máis nas peaxes da AP9”

Luís Villares: “A pelexa de galos entre De la Serna e Feijóo vaille costar aos galegos un 3,8 por cento máis nas peaxes da AP9”

O voceiro de En Marea. Luís Villares, informou en rolda de prensa dos asuntos que o seu grupo parlamentar levará ao pleno da Cámara galega a vindeira semana algúns deles orientados a suplir a irrelevancia política e incapacidade de xestión e defensa dos intereses do noso país por parte do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. A primeira delas referida á  suba das peaxes da AP9 que Villares sinalou coma “unha estafa cidadá masiva sen precedentes”. “Todo o Estado estase a rir de nós, todo o PP estase a rir de Núñez Feijóo que coa súa maioría absoluta non é quen de gañar unha soa partida a Íñigo De la Serna” quen está a castigar á todo Galicia “pola chulería de Feijóo contra el o pasado outono no relativo ao trazado do AVE en Ourense”. “Esa pelexa de galos estanos a costar un 3,8 por cen máis para o vindeiro ano” asegurou Villares.

Sabemos que podería conxelar as taxas para 2018 se quixeran e despois a empresa sería libre de discutir esa conxelación no xulgado como ten feito máis veces, pero non o van facer porque é unha proposta do Ministro seguir castigando a Núñez Feijóo. Xa nos castigou cunha redución do 30 por cento nos orzamentos en infraestruturas ou co veto a debater a transferencia da AP-9 no Congreso. O mesmo aconteceu co corredor atlántico ferroviario no que volveu a aplacar a Feijóo. “Temos o castigo pola forma imprudente e inconsciente de actuar de Feijóo, a soberbia da súa maioría absoluta estanos a costar unha subida do 3,8 nas peaxes para o vindeiro ano” indicíu o voceiro de En Marea.

Outro dos temas que En Marea levará ao pleno será a incapacidade de defender os intereses do noso país nesta ocasión co laboratorio europeo de bivalvos. Unha vez constatada a inexistencia de ningunha solicitude forma por parte do goberno de Núñez Feijóo e por parte do Estado, cabe preguntarse “que estivo a facer Feijóo durante todo este tempo?”. A resposta é clara para Villares: “nada, unicamente vender fume”. Non e un tema de irrelevancia política senón incompetencia ao non ser capaz de facer as mínimas xestións. En Marea pedirá explicacións por esta cuestión.

Segundo bloque de asuntos que afectan ao Medio Ambiente e riqueza económica como é a contaminación que as cinzas poden arrastras as nosas rías e ríos. O voceiro lembrou que En Marea xa ao advertiu días despois da vaga de lumes pedindo medidas urxentes entre elas accións de choque para evitar que a escorrentía levase a contaminación aos ríos e rías. No vindeiro pleno En Marea preguntará pola situación actual coa chegada das choivas, “que lle deron un mes de gracia á Xunta” e pese a isto non foron quen de levar a cabo esta fixación de chan.

Outro tema é o plan de choque contra a velutina fronte as medidas “timoratas” impulsadas polo Goberno galego incapaz de ver o problema no seu conxunto. En Marea reclama un plan integral.

En dereitos básicos da cidadanía, o grupo parlamentario levará o tema da contaminación de lindano que consideran necesario atallar de xeito inmediato. En segundo lugar unha iniciativa relativa á vivenda digna universal e que como lembrou Villares está recollida na Constitución.

Finalmente, a pregunta ao presidente será sobre o desmantelamento da sanidade pública. “O proxecto de reforma aprobado pola Xunta é un verdadeiro atentado contra os dereitos da cidadanía de Galicia, un dereito universal básico como é o dereito á saúde” afirmou Villares. Por un lado supón a desaparición de catro áreas sanitarias que son as que soportan o desenvolvemento dunhas políticas sanitarias de proximidade e por outro, porque “a proximidade salva vidas e a distancia crea problemas que poden causar mortes”. Para describir a situación Villares puxo un caso concreto como é a negación dun servizo de hemodinámica en Lugo 24 horas, que fai que a porcentaxe de morte por un infarto, segundo os profesionais, elévase ata un 34 por cento. “Estamos falando de algo moi serio como é a vida da xente” subliñou.

“Estamos ante un recorte verdadeiro de dereitos unido ao desmantelamento da atención primaria” asegurou Villares. A redución das operacións e tipo de atención especializada pero se collemos reforma da lei vemos que cambian conceptos para incluír aspectos como que se organizarán as áreas sanitarias en función dos recursos da administración o que implica que será a xente a que se teña que achegar aos recursos e non adecuar os recursos ás necesidades da xente. A maiores denunciou tamén que esta recondución sanitaria aos 7 grandes hospitais provocará que non teñan capacidade para atendela levando a un desvío á privada que se fará estrutural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

11 + 15 =

X