Luís Villares: “Os responsables do Prestige melloraron a súa posición mentres as medidas quedaron en papel mollado e o mar segue ameazado pola incompentencia”

Estás aquí: Inicio » Luís Villares: “Os responsables do Prestige melloraron a súa posición mentres as medidas quedaron en papel mollado e o mar segue ameazado pola incompentencia”

Luís Villares: “Os responsables do Prestige melloraron a súa posición mentres as medidas quedaron en papel mollado e o mar segue ameazado pola incompentencia”

“Se hai algo peor que o chapapote no mar e o lume na terra son os políticos de papel que fan bonitas promesas que logo non cumpren”. Así comezou o voceiro de En Marea Luís Villares a súa intervención con motivo do 15º Aniversario da catástrofe do Prestige, no que “seguen sendo noticia as facturas pendentes de pagar e a ausencia de medidas para evitar que algo semellante volva acontecer”. Villares tamén se referiu ao Plan Nacional de Continxencias por contaminación mariña, que tardou máis de dez anos en ser aprobado sen que dende entón “se fixera ningún tipo de simulacro” no que se testen as actuacións previstas ante unha nova situación deste tipo.

“Non houbo máis resposta que a decisión do PP de premiar oas incompetentes mellorando a posición dos responsables da catástrofe”, denunciou Luís Villares en referencia ao “señor de los hilillos convertido en presidente do Goberno do Estado ou aoecambio de Cuiña que hoxe é presidente da Xunta, mentres as medidas quedaron en papel mollado por un mar que segue ameazado pola incompetencia”.

“Que pasaría hoxe se o Prestige se volvese producir, está operativo un mando único, estaría determinado un porto de refuxio, contariamos con remolcadores a disposición e un plan de xestión para o voluntariado de producirse unha nova marea negra?” preguntouse Villares para quen todas estas respostas “están máis cerca do non que do si”.

Para En Marea a xestión do Prestige hai 15 anos é comparable á levada a cabo por Feijóo durante a vaga de lumes do pasado mes de outubro, onde o presidente da Xunta tamén perdeu o control da situación durante máis de dez horas. “Un presidente queimado que tenta rexenerar a súa imaxe con medidas que veñen a ser unha gran máscara de Entroido”, sinalou Villares.

Petición de renuncia do alcalde de Palas

O grupo parlamentario En Marea vén de rexistrar esta mañá unha proposición non de lei para que a Xunta requira a renuncia inmediata de Pablo Taboada Camoira como alcalde e concelleiro de Palas de Rei “ao concorrer o suposto de incompatibilidade derivada da condena por prevaricación administrativa, e adopte todas as medidas legais ao seu alcance para facer cumprir o disposto na normativa vixente”.

Na rolda de prensa Luís Villares indicou que é inadmisible que un alcalde condenado por delitos de prevaricación e acoso laboral continúe nese cargo apoiado polos concelleiros do PP e acusou á Xunta de Galicia por facer deixación de funcións unha vez máis amparando prácticas ilegais de cargos públicos que concorreron ás eleccións nas filas do Partido Popular.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

12 − 2 =

X