Estás aquí: Inicio » Luís Villares: “Mentres Feijóo paséase nunha marcha falanxista polo odio e a confrontación, unha marea humana maniféstase a favor da vida e da saúde”
Manifestación en defensa da sanidade pública en Compostela
“Hoxe mentres Núñez Feijóo paséase nunha marcha convocada por falanxistas, unha marea humana de xente maniféstase en defensa da sanidade pública”, asegurou esta mañá o voceiro de En Marea, Luís Villares, antes do comezo da multitudinaria mobilización, convocada en Compostela por SOS Sanidade Pública, na que a praza da Quintana quedou pequena para acoller ás decenas de miles de galegas que decidiron defender o que son dos dereitos fundamentais: a saúde e a vida.
“Queremos mellores servizos públicos e queremos mellor atención sanitaria. Non queremos máis recortes. Queremos recursos suficientes para ter médicos en atención primaria e personal sanitario nos hospitais. Non queremos listas de espera e non queremos que se faga negocio cos recursos que hai para a sanidade pública”, incidiu Villares e engadiu: “É unha manifestación en defensa da vida e da saúde”.
O voceiro recriminoulle a Núñez Feijóo que lle dea as costas ás galegas e aos galegos porque mentres isto pasa en Compostela, “Feijóo maniféstase en Madrid nunha marcha polo odio, desfilando con falanxistas e buscando simplemente a confrontación entre cidadáns. Mentres nós estamos defendendo hoxe aquí os dereitos fundamentas á vida e á saúde das persoas”, insistiu.
Villares explicou cales son as opcións coas que contarán as galegas e os galegos o vindeiro maio, e que no día de hoxe pódense ver reflectidas no que está acontecendo aquí e en Madrid. “Nós facemos unha oferta inclusiva, unha oferta en dereitos sociais, que é a que nós manifestamos hoxe aquí, que é na defensa da vida, na defensa da saúde, na defensa dos servizos públicos, e o PP marcha con falanxe española polo odio”, sentenciou.