Luís Villares insta ao IGAPE a resolver a situación do persoal de Maderas Iglesias condicionando as axudas a un plan de viabilidade da empresa

Estás aquí: Inicio » Luís Villares insta ao IGAPE a resolver a situación do persoal de Maderas Iglesias condicionando as axudas a un plan de viabilidade da empresa

Luís Villares insta ao IGAPE a resolver a situación do persoal de Maderas Iglesias condicionando as axudas a un plan de viabilidade da empresa

Representantes dos traballadores da empresa Maderas Iglesias, abocada a un ERE que pon en risco 140 postos de traballo, xunto con alcaldes da comarca da Louriña e do Condado achegáronse hoxe ata o Parlamento de Galicia, onde se reuniron con todos os grupos parlamentarios para buscar un apoio unánime ao seu conflito laboral.

“Cando se nos di que saímos da crise, dende En Marea dicimos que saímos da recesión económica pero a crise dos dereitos non rematou”, lembrou Luís Villares durante a xuntanza, na que tamén aludiu ás dúas reformas laborais “que remataron cos dereitos laborais e cuxas consecuencias vemos no que está pasando con Maderas Iglesias, onde se lle dá capacidade de manobra a un mal xefe de empresa, permitíndolle xogar cos postos de traballo e gobernar a empresa de xeito contrario aos intereses xerais, malia ter unha inxección moi grande diñeiro público”.

En Marea leva meses seguindo o conflito de Maderas Iglesias, tamén a través dos alcaldes de Salceda de Caselas e Mondariz, presentes na xuntanza, e agarda que a imaxe de unidade dada hoxe no Parlamento, con todos os grupos parlamentarios apoiando a mobilización dos traballadores, faga reaccionar a órganos que teñen capacidade de xestionar a situación. “O IGAPE ten que abrir as portas non só ao Comité de empresa, senón tamén a o conxunto dos traballadores e das alcaldías que representan a preocupación de toda a sociedade”, indicou Villares.

O voceiro de En Marea reclamou unha reestruturación da débeda da empresa e posiblidade de substituír a súa xerencia como medidas inmediatas. “Sabemos que o IGAPE pode facelo, condicionando as axudas públicas a unha política de viabilidade da empresa e unha nova dirección”, reclamou ao tempo que lle amosou o apoio de En Marea e a vontade “de trasladar a esta Cámara todas as iniciativas que sexan necesarias para visibilizar a situación, por riba de calquera consideración partidaria”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

nine − 6 =

X