Luís Villares: “Que haxa 3.000 millóns de euros que a Fiscalía acreditou en danos que non se van pagar supón que ás empresas do petróleo lles sae moi barato contaminar”

Estás aquí: Inicio » Luís Villares: “Que haxa 3.000 millóns de euros que a Fiscalía acreditou en danos que non se van pagar supón que ás empresas do petróleo lles sae moi barato contaminar”

Luís Villares: “Que haxa 3.000 millóns de euros que a Fiscalía acreditou en danos que non se van pagar supón que ás empresas do petróleo lles sae moi barato contaminar”

“A normativa vixente é claramente insuficiente para satisfacer todas as responsabilidades”, asegurou o voceiro de En Marea Luís Villares tras coñecer que a Audiencia da Coruña fixa en 1.573 millóns de euros a indemnización do Estado polo Prestige, 15 anos despois da catástrofe.

“Que haxa practicamente 3.000 millóns de euros que a Fiscalía deu por acreditados de danos que non se van pagar significa que para as empresas de transporte de petróleo lle sale moi barato contaminar porque saben de cada tres euros de responsabilidade soamente van ter que pagar soamente un, polo que poden estar moi tranquilos” indicou referíndose á diferenza entre a cantidade inicialmente calculada pola Fiscalía e a que finalmente ditaminou a Audiencia da Coruña.

En Marea “consideramos que é necesario unha reforma da normativa internacional que asegure completamente todas as responsabilidades polo dano causado en primeiro lugar polo dano ambiental,en segundo lugar polo dano ás vítimas e en terceiro lugar con carácter disuasorio para evitar que haxa a tentación de seguir usando buques en mal estado que poidan causar riscos catastróficos coma este”.

“Non é xusto que se non hai unha socialización dos beneficios do transporte do petróleo teñamos que pagar con todas as consecuencias dañinas”, engadiu o voceiro de En Marea, que considera necesaria esa reforma de carácter sustantivo na normativa internacional e unha reforma procesal interna española para axilizar os procesos. “Non é xusto que tardemos 15 anos en resolver xudicialmente un procedemento coma o do Prestige con tantísimos afectados, con tantísimos negocios e vidas en xogo que non foron reparados pola acción do Estado”, concluiu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

two × 3 =

X