Estás aquí: Inicio » Luís Villares: “Galicia ten unha oportunidade colectiva para mudar todo e lograr un país máis xusto onde ninguén quede atrás”
O voceiro Luís Villares salientou o peso dos cinco votos a favor das deputadas e deputados de En Marea no Congreso no cambio no Goberno español pero servirán tamén para acabar cos recortes de liberdades, de dereitos sociais, impulsar a rexeneración democrática e permitirá frear a recentralización do Estado a que nos ten sometidos o PP nos últimos sete anos. “Dixemos que En Marea podía ser unha oportunidade e así foi. Avisamos que non nos resignabamos a alternativa do PP, e que a alternativa da xente non podía ser inútil e daría os seus froitos e seguiremos avanzando cara a consecución dun país máis xusto, un proxecto nacional baseado na democracia, na ética, na xustiza, na esperanza” afirmou Villares.
O voceiro asegurou así mesmo que En Marea “cumpre cos seus compromisos coa cidadanía de Galicia”. En primeiro lugar para apartar aos corruptos do goberno que foi o detonante de todo, unha corrupción da que Galicia non era allea xa que sempre foi o laboratorio da corrupción do PP. Así, nomeou o Caso Campeón, a Conde Roa imputado por financiamento ilegal, ou Palas de Rei alcalde condenado por prevaricación e acoso a unha secretaria do Concello.
Villares asegurou que o cambio de goberno permitirá co recorte brutal de dereitos sociais. “Abonda xa de roubar á xente do común para levar os cartos ao seu peto” afirmou o voceiro de En Marea. Recortaron en educación, en sanidade… causando un enorme sufrimento á cidadanía, unha situación na que Galicia non foi allea. Villares lembrou a imputación de dous altos cargos do goberno galego por homicidio por denegar a medicación a dúas persoas enfermas de hepatite C e causar a súa morte. Para acabar coas reformas laborais que disparan a 24,5 por cento taxa de exclusión, que fixo máis difícil chegar a fin de mes.
Pero tamén é positivo en termos de dereito nacional para Galicia xa que permitirá frear dunha vez por todas a recentralización do Estado a que nos ten sometidos o PP nos últimos sete anos. Afecta en primeiro lugar á aplicación do artigo 155 totalmente inxustificado en Cataluña, e tamén como país en Galicia que permitirá defender mais adecuadamente os nosos intereses abrindo un proceso de diálogo construtivo en termos de financiación autonómico acordo coas nosas necesidades como país, facer valer os nosos intereses en materia ferroviaria ou na estratexia para acabar coa implosión demográfica das políticas encamiñadas a unha Galicia minguante do PP. “Feijóo era un mero delegado do Goberno, un chico dos recados, e aquí so se dicía amén. O Amén acabou” remarcou Villares.
O voceiro de En Marea rematou a súa comparecencia advertindo que “a sorte do PP en España ten que ser a sorte do PP en Galicia xa que Núñez Feijóo é o xemelgo de Rajoy na corrupción, no recorte de liberdades, de dereitos sociais”.