Estás aquí: Inicio » Luís Villares: “Feijóo minte cando di que as trinta medidas contra os lumes anunciadas están practicamente cumpridas”
Acaba de cumprirse un ano da vaga de lumes, “un ano perdido” como valorou o voceiro de En Marea, Luís Villares, e no que a xestión da Xunta de Galicia caracterizouse polo abandono da cidadanía e dos concellos afectados, a incompetencia e a manipulación feita durante todo este ano. Unha destas manipulacións foi o anuncio de 30 medidas por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo na Cámara galega no mes de novembro e que asegurou estaban practicamente cumpridas. Ante esta afirmación o grupo de En Marea preguntará no vindeiro pleno que concrete cales son esas medidas que supostamente están xa cumpridas. “Xa descartamos ese suposto cumprimento e xa dixemos que eran 30 medidas e 15 mentiras e agora queremos escoitar de boca do presidente que é o que realmente se cumpriu e o que non” explicou Villares.
Outro dos temas importantes que En Marea levará ao pleno do Parlamento será o bono social da enerxía eléctrica. Para o grupo parlamentario é imprescindible acabar coa pobreza enerxética e garantir que todas as persoas teñan enerxía suficiente e para iso precisase un compromiso de toda a sociedade. Por este motivo, En Marea presentará unha iniciativa co obxectivo de acadar un acordo parlamentario que sexa trasladado posteriormente as eléctricas para que que o bono social sexa extensible para poder chegar a quen realmente o necesita.
En terceiro lugar, e tendo en conta a estación do ano na que nos atopamos e a vindeira chegada da tempada de gripes, En Marea levará a falla de persoal sanitario nos centros de atención continuada. “Non queremos que se volva a repetir dramáticas situacións como a vivida este pasado verán no PAC da Estrada” salientou o voceiro de En Marea. Por este motivo, o grupo formulará un debate no que se pedirá persoal suficiente para poder atender á poboación en termos sanitarios.
INICIATIVAS EN MAREA PLENO 23 DE OUTUBRO