Luís Villares sobre Cataluña: “Quedou en evidencia a derrota da vía da represión para resolver os conflitos políticos e o trunfo dos valores republicanos e de radicalidade democrática”

Estás aquí: Inicio » Luís Villares sobre Cataluña: “Quedou en evidencia a derrota da vía da represión para resolver os conflitos políticos e o trunfo dos valores republicanos e de radicalidade democrática”

Luís Villares sobre Cataluña: “Quedou en evidencia a derrota da vía da represión para resolver os conflitos políticos e o trunfo dos valores republicanos e de radicalidade democrática”

En resposta aos resultados electorais de Cataluña, o voceiro de En Marea Luís Villares comezou facendo unha valoración moi positiva do dato de participación histórica (un 82%), “que evidencia o interese, a mobilización e a consciencia que había entre a cidadanía catalá da importancia destas eleccións, precedidas dunha supresión completa das institucións de autogoberno lexitima e democraticamente escollidas polos cidadáns cataláns apenas dous meses antes”. Para Villares “esa alta participación da idea dunha conciencia e consciencia de querer revalidar democraticamente as institucións de autogoberno que foron postas en cuestión ata o punto de seren suprimidas polas institucións estatais no marco da aplicación do artigo 155”.

“Quedou en evidencia a derrota clara da vía represión para resolver os conflitos políticos”, sinalou Villares, antes de lembrar que dende En Marea “sempre defendemos que os conflitos políticos tiñan que ter solucións políticas, non encarcerando a xente nin suprimindo as institucións de autogoberno”. Ademais saudou moi positivamente o resultado porque “quedou patente unha maioría ampla de todos aqueles que postularon a necesidade de superación dos problemas políticos de Cataluña e a súa ancoraxe no conxunto do Estado por unha vía diferente á aplicación do 155 superando con creces a maioría absoluta e chegando aos 78 deputados e deputadas”, que para o voceiro de En Marea supón “un trunfo dos valores republicanos, de radicalidade democratica, da xustiza social e do recoñecemento da plurinacionalidade”.

Para En Marea agora “ábrese un escenario onde necesariamente Mariano Rajoy e o PP teñen que reflexionar porque a súa irrelevancia política quedou asentada definitivamente en Cataluña”. Nese senso, Villares lembrou que “coa lei electoral galega o PP estaría sen representación parlamentaria, porque tiveron menos do 5% de votos”. “Sen embargo un partido que tiña en Cataluña unha representación inferior ao 5% foron os que tomaron a decisión de suprimir as institucións de autogoberno en Cataluña,”, engadiu, antes de instar ao PP “a ver que a sociedade catalá lle deu as costas ao posicionamento político de negativa ao diálogo, polo que deben dar un paso á fronte pola vía do diálogo e da negociaicón, pois os problemas políticos non se resolven pola vía da represión nin da mordaza”.

Sobre os resultados electorais de Catalunya en Comú, Villares sinalou que “o traballo realizado polos comúns afortala a maioría republicana e de xustiza social e radicalidade democrática” e amosouse convencido de que “terán unha oposición moi construtiva dentro do Parlamento de Cataluña na defensa deses valores”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

four + fifteen =

X