Estás aquí: Inicio » Luís Villares: “A posición política de EM foi avanzada desde o momento no que coñecimos o proxecto de orzamentos, que era inaceptable para Galicia”
Luís Villares e Ana Seijas
O voceiro de En Marea, Luís Villares, compareceu esta tarde ante os medios para valorar o debate dos Orzamentos Xerais do Estado que rematou hoxe no Congreso. “Ningunha sorpresa no sentido de que a posición política de EM foi avanzada desde o momento no que coñecimos o proxecto de lei de orzamentos”, aclarou Villares que calificou estes de “inaceptables para Galicia”. Inaceptables porque, según engadiu, supoñían “unha discriminación evidente, unha perda da oportunidade de xerar renta e riqueza, de xerar oportunidades laboráis, de xerar expectativas de futuro”.
Villares explicou que En Marea trasladoulle ao Goberno que para poder superar o debate á totalidade eran necesarias tres cousas: que houbese un compromiso, que fose un compromiso explícito, que ese compromiso explícito fose por escrito antes do debate á totalidade, e que supuxera a asunción sustancial do que nós denominamos a Axenda Galega do Cambio. “Estas condicións non se deron e a decisión do Consello das Mareas foi evidente”, matizou.
O voceiro do espazo do cambio tamén incidiu no feito de que os orzamentos tamén supoñían un maltrato evidente para as zonas metropolitanas da Coruña e de Vigo. Na Coruña, coa continuación da hipoteca da débeda do porto cando se podía condonar perfectamente como fíxose no caso de Valencia; coa inutilidade do porto exterior que seguía sen conexión, coa incapacidade de rexeneración ambiental da ría do Burgo ou pola falta de orzamentación dunha dinzamización do ferrocarril de cercanías entre Ferrol e A Coruña e ca liña de vía estreita. Ou, no caso da cidade olívica coa negación da construcción da saída sur que é unha prioridade estratéxica para a cidade e para todo o seu sector industrial. Por non falar do retraso na reparación de determinadas estradas que cohesionan o territorio. “Nós nestas condicións, dixémolo desde o primeiro momento, non podiamos confiar no PSOE”, incidiu Villares.
O voceiro de EM precisou que o espazo nun primeiro momento renunciou a presentar unha emenda á totalidade “porque confiabamos no talante negociador que dicía ter o goberno, pero nos atopamos estas semanas que non había vontade negociadora real, non había vontade de chegar a acordos. E está á vista de todo o mundo a intervención que fixo a ministra no congreso, unha intervención que foi absolutamente inaceptable para os intereses do noso país”.
Villares deixou claro que “nós non enganamos a ninguén, dixemos desde un primeiro momento que queriamos uns orzamentos sociais, e que desenvolvesen as capacidades endóxenas do país. Nós non queremos ser un país subsidiario, queremos ser un país que teña capacidade para xerar renta e riqueza, que teña capacidade para xerar emprego e para traer da emigración á mocidade que neste momento non ten futuro aquí. E isto foi o que fixemos, obrar coherentemente con iso. E o consello esta mañá non fixo máis que ratificar unha posición que xa era coñecida por todo o mundo”, sentenciou.