febreiro, 2019
23feb10:00 amXornada de Financiamento local: desafíos para os novos gobernos municipais
Detalles do Evento
PROGRAMA 9:45 h. Apertura da xornada de traballo. 10:00 h. Mesa de traballo: Aprendizaxe e desafíos da xestión orzamentaria. Relatora: MªXosé Veiga Buxán. Economista e ex concelleira de Facenda. - A normativa orzamentaria
Detalles do Evento
PROGRAMA
9:45 h. Apertura da xornada de traballo.
10:00 h. Mesa de traballo: Aprendizaxe e desafíos da xestión orzamentaria. Relatora: MªXosé Veiga Buxán. Economista e ex concelleira de Facenda.
– A normativa orzamentaria e a escaseza de recursos constitúen retos á hora de executar nos concellos as propostas do Cambio político, con especial impacto naquelas de contido social que afectan directamente á mellora da calidade de vida da veciñanza.
– Coloquio coas persoas asistentes.
11:00 h. Mesa de traballo: Alternativas de financiamento municipal. Relator: Severino Rodríguez, graduado social.
– A superación da carestía de recursos para o financiamento suficiente das políticas municipais require repensar o sistema de tributos, subvencións e transferencias para acadar unha dimensión acorde cos servizos que os concellos prestan a día de hoxe.
– Coloquio coas persoas asistentes.
12:00 h. Pausa café
12:30 h. Mesa redonda: Xestión e execución orzamentaria nos concellos.
– Poñer en común a experiencia: xestión e execución orzamentaria nos concellos. Pensar un sistema máis equitativo dende e para o local. Mónica Peralba. Tentente da alcaldía de Mondariz. Xoaquín Álvarez Corbacho. Catedrático de Facenda. Marta Rey. Tenente da alcaldía de Vimianzo. Xosé Antón Jardón. Secretario interventor da administración local.
14:00 h. Conclusións e clausura da xornada a cargo do voceiro de En Marea Luís Villares.
Hora
(Sábado) 10:00 am
Localización
Salón de actos do Colexio Maior Fonseca
Campus Sur da USC (Praza Rodríguez Cadarso s/n. Santiago de Compostela)